Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

2 / Aforra cunha alimentación equilibrada

As vantaxes da alimentación equilibrada

Carro da compra Unha alimentación equilibrada tamén nos permite aforrar. Os alimentos frescos e de tempada xogan un papel fundamental na nosa cesta da compra e teñen unha dobre vantaxe: son económicos e están no seu mellor momento para o consumo.

Invitámoste a coñecer as vantaxes da compra 'intelixente': desde a preparación do presuposto ata o traslado á casa e mesmo o aforro na despensa. Coñece algúns trucos para sacar o máximo rendemento á túa alimentación.


Decálogo do aforro

Podemos aforrar en case todos os aspectos da nosa vida. Dámosche ideas prácticas de como aforrar cunha dieta saudable.

Ofrecémosche unha serie de ideas para aforrar durante todo o proceso de alimentación, desde a compra ata a manipulación e conservación dos alimentos.

  • Realiza unha lista e axústate a ela. É fundamental para comprar o que realmente necesitas.
  • Aproveita as ofertas do 3 x 2, 2 x 1... Hai cantidade de produtos non perecedoiros que paga a pena adquirir cando rebaixan o seu prezo.
  • Elixe os formatos máis grandes en función do que teñas previsto consumir e das datas de caducidade.
  • Aposta polos produtos de marca EROSKI. É a mellor relación calidade– prezo.
  • Os alimentos frescos naturais son unha boa opción para aforrar.
  • A carne de coello, como o polo, é barata e con moi pouca graxa.
  • Non convén facer a compra co estómago baleiro: darache ganas de comer todo o supermercado.
  • Consume calidade a bo prezo. As froitas e verduras de tempada son máis baratas.
  • Os legumes, ademais de ser as proteínas máis baratas, son dieteticamente ricos en fibra, vitaminas e minerais.

As vantaxes dos alimentos de tempada

Atópanse no seu momento óptimo de consumo e son sempre máis económicos.

Os alimentos de tempada, ademais de nutritivos e saudables, son bos para o teu peto. Por regra xeral, aínda que sempre hai excepcións, os alimentos de tempada adoitan ser os máis económicos.

As colleitas –no caso de froitas e verduras– e o ciclo de reprodución dos animais –en peixes e carnes– permiten que, durante un período concreto do ano, a dispoñibilidade nas tendas destes produtos sexa maior. E ao aumentar a oferta, o prezo diminúe.

Ademais de producir e consumir alimentos de tempada, contribúes ao desenvolvemento das zonas rurais e a respectar o ambiente. A respectar o ciclo natural e a zona de produción dos alimentos, evítase a implantación de monocultivos intensivos que esgotan a terra.

kiwis
Mazás Eroski Natur

Mazá Eroski NATUR

Nas tendas EROSKI atoparás froita coa mellor calidade, sabor e selección de orixe, como o que che ofrecen as distintas variedades de mazá.

A compra intelixente

Planificar, ler a etiqueta dos produtos e revisar a compra poden axudarche a aforrar no momen.

Planifica:

  • Planifica os menús en función das comidas que se fan na casa e do número de comensais.
  • Repasa a despensa para non comprar produtos que haxa en cantidade abonda.
  • Revisa as ofertas e aprovéitaas. Asegúrate de que realmente o necesitas. Fai a lista para facer a compra. Por exemplo, nunha columna os alimentos non perecedoiros, noutra os frescos, e noutra os conxelados.
  • Evita ir á compra co estómago baleiro.
  • No momento da compra, sigue a lista que fixeches.
  • Le as etiquetas e escolle con coidado os produtos. Aconsellámosche ter en conta o contido en graxa, sal e azucre.

Le:

  • Le as etiquetas para facer unha mellor selección.
  • Verifica a información proporcionada pola etiqueta nutricional. Achega información moi útil para tomar decisións sobre a calidade do produto.
  • A etiqueta tamén che proporciona a listaxe de ingredientes.
  • Verifica as datas de consumo preferente ou de caducidade do alimento. Indícannos cando é o mellor momento de consumir o produto.

Revisa:

  • Verifica que o envase ou o envoltorio está en perfectas condicións.
  • Cando compares o prezo dos distintos produtos, ten en conta o prezo por unidade, non só o prezo total.
Comprando no supermercado

Aforro na cociña

Sácalle o máximo rendemento ao que cociñas e asegúrate de que o fas sen riscos.

Se cociñaches máis habitual e non sabes que facer co que sobra, a continuación suxerímosche que sigas certas recomendacións que teñen que ver coa manipulación, almacenamento e seguridade hixiénicas.

consellos

  • Cociña grandes cantidades e conxela en porcións para aforrar, non só tempo, senón tamén enerxía.
  • Aproveita as sobras de comida: tosta o pan duro para o almorzo ou aprovéitao para facer torradas para a sobremesa.
  • Converte as sobras dos legumes en purés para o día seguinte ou os de carne e aves para facer albóndegas, croquetas ou ovos recheos. Co que sobre de peixe cando cociñes, podes facer sopa con pasta ou crema con pataca para a cea.
  • Se reutilizas o aceite de oliva das patacas fritas, non o mestures con outros aceites.
  • Coas froitas demasiado maduras ou que non se vaian comer pódense preparar sobremesas (macedonias, cremas con algún lácteo, etc.), marmeladas ou salsas para acompañar ensaladas ou pratos de carne.
  • Presenta as ensaladas sen aliñar para que cada comensal a aliñe na mesa, así pódense usar os vexetais que sobren para outra comida nas 24 horas seguintes.
moza collendo comida da nevera
Revolto conxelado de verdura e gambas

Revolto conxelado de verdura e gambas

Son fáciles de preparar polo que supoñen un aforro de tempo na cociña. Son os saltos de EROSKI, e telos de diversos tipos, como o de espárragos verdes e gambas.

Aforra tamén fóra da casa

A falta de tempo para desprazarnos a comer á casa creou a tendencia 'tupper'. Unha opción sa e barata.

A falta de tempo á hora do xantar para desprazarse ata casa creou a cultura ‘tupper’. Unha opción que reúne dúas características: é saudable e económica.

Tes a opción de cociñar durante a fin de semana. Podes preparar máis cantidade e conxelar en ‘tuppers’ calculando que sexan racións individuais. Recorda que o tupper engana: entra moito máis do que parece.

O mellor é que planifiques os menús de toda a semana, procurando variar os alimentos e incorporando produtos pertencentes a todos os grupos: pasta, legumes, verduras, carne, peixe e froita.

Ten en conta que cada día debes tomar 5 racións de froitas e verduras; e que cada comida debe conter unha parte de hidratos (pasta, arroz, legumes, verduras), outra menor de proteínas (carne, peixe, ovo, legumes) e outra pequena de graxas (aceite de oliva, queixo).

En www.consumer.es tes un menú diario con ideas para comer de tupper.

taper con froitas

O menú que aforra

En www.consumer.es tes máis de 3.000 receitas catalogadas por prezo, dificultade, tempo de preparación...

Exemplo de menú para a comida

  • Primeiro:

    Arroz con salsa de tomate.

  • Segundo:

    Xarda ao forno con verduras ao vapor.

  • Postre:

    Rodelas de laranxa.

Exemplo de menú para a cea

  • Primeiro:

    Sopa de peixe con fideos, elaborada coas espiñas e cabezas do peixe e verduras.

  • Segundo:

    Ensalada e tortilla de verduras, elaborada coas verduras que acompañaban o peixe ao forno.

  • Postre:

    Iogur con plátano.

Exemplo de menú para a comida

  • Primeiro:

    Pasta

  • Segundo:

    Albóndegas con salsa de tomate e verduras estufadas, elaboradas con sobras de carne de tenreira.

  • Postre:

    Macedonia de froitas do tempo, elaborada coas froitas maduras.

Exemplo de menú para a cea

  • Primeiro:

    Crema de verdura con pataca, elaborada coas verduras que sobraron da comida.

  • Segundo:

    Ensalada e croquetas de polo, elaboradas coa carne do caldo.

  • Postre:

    Queixo fresco con salsa (coulis) de froitas, elaborada co que sobrou da macedonia.

O que necesitas para o teu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidade–prezo e supoñen un aforro de máis dun 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, teñen cabida en promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • Pasta

    Un básico

    A gama de pasta EROSKI adáptase a todos os momentos e orzamentos. Os básicos distinguiralos pola cor azul.

  • cereais

    A o grande

    Nada mellor que elixir os formatos máis grandes para aforrar: tanto en prezo como tempo dedicado a comprar. Os cereais EROSKI son un bo exemplo.

  • Carne
de coello

    Carne de coello

    É moi nutritiva, saborosa e económica. En EROSKI podes adquirir o coello enteiro e torado.

  • patatas

    Para guisar e cocer

    A pataca lidera o ránking dos básicos da túa cesta da compra. É económica e versátil, polo que está moi presente nunha alimentación económica e ben equilibrada.

  • aceite

    Aceite

    Aprovéitate dos beneficios do produto estrela da Dieta Mediterránea. Tamén o tes no seu formato máis grande, a garrafa.

  • |
  • ovo

    Huevo

    Rico en proteínas e de fácil dixestión, o ovo é un dos básicos da túa dieta.

  • acelgas

    Acelgas

    Perfectas para a base dos teus purés e cocidos. As acelgas son saborosas e cos nutrientes que necesitas. E son, ademais, unha das verduras moi económicas.

  • rincha

    Rincha

    É un peixe que ten todos os beneficios do peixe azul, ao que se suma o seu prezo, baixo.

  • pardina

    Pardina

    Os legumes son un piar fundamental da dieta equilibrada e económica. A gama de EROSKI inclúe desde fabas e garavanzos ata diferentes tipos de lentellas.

  • pan

    Acabado de facer

    Pan preenfornado e conxelado, para que enfornes xusto o que necesitas.

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.