Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Nutricion e benestar

Premio NAOS

EROSKI recibiu o premio NAOS que outorga a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que depende do Ministerio de Sanidade e Consumo.


Os principais expertos en nutrición participan nesta campaña

  • Logo del Observatorio
  • Logo de Aetca Asociación Española Estudios Trastornos Conducta Alimentaria
  • Logo Fundación Dieta Mediterránea
  • Logo Face
  • |
  • Logo frutas y verduras frescas 5 al día
  • logo a-e dn
  • logo Fhoemo
  • logo Fundación Española del Corazón

3 / Bebés (0-3 anos)

A alimentación máis sa para o teu bebé e ti

bebé comendo O leite materno e a introdución progresiva doutros alimentos na súa dieta configuran o piar da súa alimentación nos primeiros meses de vida.

O bebé necesita un menú para cada etapa de crecemento, desde que nace e ata os 3 anos, co obxectivo de que a súa alimentación sexa equilibrada e variada. A alimentación da nai tamén é clave e ten especial importancia durante o período de xestación.


O leite materno, básico nos primeiros 6 meses de vida

Durante os primeiros meses, o leite materno é a súa mellor alimentación. Coñece cales son os seus beneficios.

As necesidades caloríficas dos acabados de nacer son moi altas. O leite materno é o mellor alimento para o teu bebé. Tomar o peito beneficia a ambos os dous e á vosa íntima relación nai-fillo/a.

O leite materno corresponde exactamente ás necesidades do bebé e adáptase periodicamente a elas a medida que van cambiando. Por outro lado, convén ter en conta que o leite materno se atopa sempre á temperatura axeitada e é a opción máis económica.

En caso de que non sexa posible aleitar ao bebé, pódese optar por unha lactación a base de leites de fórmula. Existen dous tipos: as de inicio (desde o nacemento ata os 4-6 meses) e as fórmulas de continuación (desde os 4-6 meses de idade en diante).

Mamá con bebé
Discos de lactancia

Con moito mimo

Absorbentes, suaves e cómodos. Así son os Discos de Lactación EROSKI, que manteñen o teu peito sempre seco coa máxima hixiene. Veñen en bolsiñas individuais de 2 unidades e con banda adhesiva para a súa fixación.

sabías que...

  • O leite materno protexe o bebé de infeccións e enfermidades e, a longo prazo, reduce o risco de alerxias e obesidade.
  • A lactación axúdache a recuperar a túa silueta e o peso previo ao embarazo.

A alimentación da nai tamén importa

Canto e que menú comer é dúas das primeiras preocupacións da mamá. A clave está en comer de todo.

Cando unha nova mamá inicia a lactación, unha das súas preocupacións é coñecer canto e que comer, pois os seus hábitos inflúen na saúde do bebé.

A clave está en consumir unha dieta equilibrada e variada, baseada en alimentos frescos. Non se trata de comer máis, senón de modificar os hábitos alimenticios para proporcionar ao organismo os nutrientes esenciais.

Unha dieta equilibrada dunha nai durante a lactación debe conter:

  • 5 ou 6 racións de froita ou verdura.
  • 4 ou 5 racións de carbohidratos (patacas, cereais, pan, pasta ou arroz).
  • 2 racións de proteínas (peixe, ovo, carne, legumes ou froitos secos).
  • 3 ou 4 racións de leite ou derivados: 1 vaso de leite, 2 iogures e 1 anaco de queixo.

O calcio do leite materno é fundamental para o desenvolvemento dos ósos e dentes do bebé, os ácidos omega 3 (peixe azul), para o desenvolvemento do cerebro e sistema nervioso, e o ferro (carne, legumes), para a formación de glóbulos vermellos.

En www.consumer.es tes menús para cada semana de embarazo e os meses de lactación, con máis de 4.000 receitas especiais para o embarazo e a lactación.

consellos

  • Evita inxerir leite que non estea pasteurizado, nin os seus derivados.
  • Toma carnes ben cociñadas, xa sexa cocidas, á prancha, asadas ou fritas (>65ºC).
  • Se quentas algún alimento precociñado, manteno tempo dabondo para que alcance temperaturas superiores a 65º C.
  • Evita tomar alimentos elaborados con carnes crúas (embutidos, xamón), a non ser que se conxelen a -20º C durante 24 horas.
  • Evita a inxestión de fígado (tenreira, porco, año) ou vísceras, e os peixes graxos ou de gran tamaño (peixe espada, atún...).
  • É aconsellable reducir o consumo de cafeína.
Nai con bebé comprando comida

Aos 4- 6 meses descubre os seus primeiros alimentos

Cando o bebé cumpre medio ano é necesaria a achega doutros alimentos: esperta a curiosidade por novos sabores.

Ao medio ano do seu nacemento, os requirimentos nutricionais do teu bebé xa non poden satisfacerse por completo coa lactación.

É o momento de que coñeza novos sabores e texturas. Verdura, froita, cereais, carne e peixe en papas e purés son fundamentais para satisfacer as súas novas necesidades.

O teu bebé mostrarache cando chegou o momento de empezar con alimentos sólidos. De súpeto, interesarase pola comida e probaraa.

Se o teu bebé pode mostrar cando está saciado, pode sentar e manter a cabeza ergueita sen apoio, xa está listo para empezar cos alimentos sólidos.

consellos

  • Sigue as indicacións do pediatra para a incorporación progresiva de alimentos, respectando intervalos de 8 -15 días por cada novo alimento e observando a tolerancia mostrada.
  • Empeza por triturar os alimentos ata conseguir unha textura fina para ir aumentando gradualmente a consistencia dos alimentos.
  • Arredor dos 12 meses xa poden tomar a maioría de alimentos que toma o resto da familia, cos criterios dunha alimentación saudable.
nene de entre catro e seis meses comendo

Introduce os alimentos de forma progresiva

Coñece como e cando é necesario introducir novos alimentos coa pirámide da alimentación.

En torno ao ano, o seu abano de alimentos é xa moi amplo, pode incorporarse ás comidas familiares, axudarnos a cociñar e acompañarnos a comprar alimentos. A súa involucración é o piar para unha alimentación sa no futuro.

Ten en conta...

  • Os legumes sen triturar non deben ofrecerse antes dos 2 anos.
  • A partir dos 18 meses pódese introducir o peixe azul e a partir dos 2 anos o marisco.
  • A partir do ano pódense ofrecer cereais de almorzo con leite.
  • As patacas, arroz e pasta poden acompañar os pratos de verdura na comida ou a cea.
Gráfico de alimentos segundo idade

consellos

  • Coce as verduras con pouca auga ou ao vapor para conservar mellor os seus nutrientes.
  • Elixe carnes magras, quitando a graxa visible e a pel das aves.
  • Utiliza aceite de oliva virxe para cociñar.

Que facer se se nega a comer

Se os nenos rexeitan os alimentos ofrecidos, é necesario experimentar con diferentes combinacións de alimentos e texturas.

É fundamental que os máis pequenos adquiran bos hábitos alimentarios desde que comezan a descubrir novos sabores. Isto repercutirá nun mellor estado de saúde e anímico.

Se se nega a comer, fai máis atractivas as comidas. Unha boa estratexia é que haxa máis de tres cores en cada prato. Proba a mesturar: o vermello dos tomatiños cherry, o verde dos chícharos e o amarelo da mazá. Proba a xogar coas formas: engade á lasca de pavo uns ollos a base de olivas ou un divertido sorriso de queixo en porcións.

Ademais, intenta non alongar demasiado o tempo das comidas nin forces para que remate o prato se se mostra xa saciado. En caso de que a situación se repita, recoméndase consultar co pediatra para descartar posibles intolerancias (celiaquía etc).

Bebé comiendo con la cara manchada

Un menú para cada etapa

En www.consumer.es atopas menús infantís semanais para todo o ano, con máis de 1.000 receitas infantís distintas para nenos de 0 a 3 anos.

7-8 meses

  • Almorzo:

    Leite materno ou leite de continuación con papa de cereais (225 ml) con glute (6-7 culleradas).

  • Comida:

    Puré de verduras con pataca ou arroz, aceite cru e 30 g de carne de polo ou tenreira.

  • Merenda:

    Puré de froita (200 ml) ou compota con zume de laranxa natural.

  • Cea:

    Igual que o almorzo.

1-2 anos

  • Almorzo:

    Leite con cereais. Zume de laranxa espremida.

  • Comida:

    Fideos á cazola con anacos de verduras e peixe. Macedonia de froita fresca con iogur.

  • Merenda:

    Pan con queixo. Froita.

  • Cea:

    Tortilla dun ovo. Cenoria relada con aceite de oliva. Pan. Leite (opcional).

2-3 anos

  • Almorzo:

    Iogur. Pan tostado con aceite de oliva. Zume de laranxa espremida.

  • Comida:

    Ensalada de arroz. Pescada en salsa verde con chícharos. Pan e froita de tempada.

  • Merenda:

    Pan con aceite de oliva e peituga de pavo. Froita.

  • Cea:

    Crema de verdura e pataca. Hamburguesa de polo con tomate aliñado. Leite (opcional).


O que necesitas para o seu menú

EROSKI é especialista en alimentos frescos. Atoparás a punto cada día a peixería, a froitería e a carnicería cos mellores sistemas de trazabilidade de produto. Os produtos marca EROSKI teñen unha óptima relación calidade-prezo e supoñen un aforro de máis dun 20% respecto a produtos equivalentes doutras marcas. Ademais, aproveita as súas promocións, como as ofertas 3 x 2.

  • cenoria

    A base dos teus purés

    a base de moitos dos purés que preparas para o teu bebé. Saborosa, naturalmente doce e con alto contido de vitaminas e minerais. Así é a cenoria EROSKI Natur.

  • pera

    Para papas

    A pera branca é ideal para as papas e en compota, tamén en anaquiños. Perfecta para que descubra novos sabores e texturas.

  • arroz

    Para os seus primeiros menú

    O arroz é un dos seus primeiros alimentos básicos. Con DO Valencia, integral ou de cocción rápida. Tes unha ampla gama de arroces EROSKI.

  • plátano

    Plátano

    Ademais de achegar hidratos de carbono á súa dieta, é unha das froitas que máis lles gusta pola súa textura suave e sabor.

  • yogur natural

    Moi natural

    É un lácteo moi beneficioso durante o seu crecemento. É natural e tamén os encontras de sabores, con froitas, con cereais...

  • |
  • pasta con forma de estrellitas

    Para un intre divertido

    Afecciónaos aos pratos de culler con divertidas estreliñas ou pasta con formas.

  • cereais

    Almorzo san

    L'esmorzar és el principal àpat del dia. Ofereix-li aquests cereals gustosos i divertits també per sopar. En trobaràs amb mel, fruita vermella, etc.

  • Millo

    Millo

    Prepárao con aceite de oliva. Fai que pasen un anaco entretido comendo flocos de millo naturais e vendo os debuxos que máis lles gustan.

  • tomates cherry

    Cor para os teus pratos

    Dá cor aos seus pratos cos tomates cherry. Ademais de alimentalo de xeito saudable, divertirase comendo.

  • Toalliñas

    Toalliñas

    Déixaos que experimenten coa comida e aprendan a comer sós. Mancharanse pero as toalliñas húmidas póñencho fácil.

  • Focos de opinión de consumidores

    A campaña Nutrición e Benestar xorde como consecuencia da celebración do 8º Foco de Consumidores sobre alimentación equilibrada que tivo lugar en 17 cidades, coa participación de máis de 500 consumidores.

  • Observatorio Nutrición e benestar

    A campaña está avalada polo Foro de Expertos do Observatorio Nutrición e Benestar. O Observatorio agrupa unha rede de institucións e especialistas dedicados ao estudo, análise e promoción de hábitos de alimentación saudable, que pertencen ás principais asociacións e organizacións do campo do benestar, saúde, alimentación e nutrición.