Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Solo en EROSKI, cambia GRATIS tus bolsas reutilizables

A nosa historia coas bolsas

En EROSKI levamos moito tempo apostando polas bolsas reutilizables como alternativa maís sostible á bolsa de plástico dun só uso. Este tipo de bolsas tivo sempre unha grande aceptación nas nosas tendas.

No 2007 os nosos clientes contribuíron a que aforrásemos preto de 2.700.000 bolsas de plástico. Ademais, nas bolsas tipo camiseta (as habituais), eliminamos boa parte do colorante, o que nos permitiu aforros anuais de 63.000 quilogramos de polietileno e 75.600 quilogramos de colorante.

No 2008 damos un paso máis para espallar o uso de bolsas reutilizables, en colaboración con WWWF/Adena. Pomos en marcha un proxecto para testar nun número reducido de tendas tres tipos de bolsas reutilizables. Destinamos a contía económica aforrada coas bolsas de plástico non utilizadas a proxectos ambientais.

Dende xuño do 2009 as bolsas reutilizables están dispoñibles en todos os hipermercados EROSKI. E dende setembro do 2009 tamén nos supermercados EROSKI/center e EROSKI/city.

En marzo do 2010 comezou a retirada progresiva das bolsas dun só uso das nosas tendas.

Coñece outras iniciativas de EROSKI para reducir emisións de CO2