Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O acceso a esta WEB está condicionado á previa lectura e aceptación por parte de calquera usuario dos termos, condicións, comunicacións, advertencias e demais avisos legais contidos no presente clausulado.
O acceso e posterior utilización da WEB Corporativa do GRUPO EROSKI por parte do usuario implicará a súa conformidade de modo expreso, pleno e sen reservas coa totalidade do seu contido. O devandito acceso ten carácter gratuíto.
De o usuario non estar de acordo co contido das presentes Condicións Xerais de navegación deberá abandonar esta WEB, e, xa que logo, non poderá acceder nin dispor dos servizos que esta ofrece.
O usuario declara ser maior de idade e dispor de capacidade xurídica abonda para vincularse polas presentes Condicións Xerais. Igualmente, acepta de modo expreso e sen excepcións que o acceso e a utilización do presente sitio WEB, dos seus servizos e dos contidos dos devanditos servizos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
O acceso a esta WEB ten carácter gratuíto e a súa visualización non require logo de subscrición nin rexistro ningún.
As conexións con outros sitios WEB que puidesen existir e mais o uso que o usuario poida facer delas está suxeito ás presentes Condicións Xerais de uso e mais ás eventuais condicións específicas que os devanditos sitios WEB requiran. Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida.
EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA poderá modificar de modo unilateral, en calquera momento que estime oportuno, a configuración da presente WEB, as condicións do servizo e o seu contido, así como eliminalos, limitalos ou suspendelos de xeito temporal ou definitivo, e mais poderá impedir o acceso a estes, procurando informar o usuario do devandito cambio, sempre e cando as circunstancias así llo permitan, a través da súa publicación na páxina WEB.
Os datos identificativos do responsable da presente WEB son os seguintes:
EROSKI, S. COOP., con C.I.F. 20033361-F, domiciliada en Bº San Agustín s/n, 48230-Elorrio (Biscaia), inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia ao Tomo 3.630, Folla BI- 21.221, Folio 1, Inscrición 1ª, e no Rexistro Oficial de Cooperativas do Ministerio de Traballo, Libro Rexistro de Cooperativas, Sección Central, Tomo X, Folio 904, asento 14, novo número e clase 1.526-SMT, mantendo o anterior, 17.115. E-mail:
grupoeroski@eroski.es
Outros titulares de páxinas web de Grupo Eroski:
CENTROS COMERCIAIS CECO, S.A. con C.I.F. 48231351-A, con domicilio en Bº San Agustín s/n, 48230-Elorrio (Biscaia), inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia, ao Tomo BI-733 da Sección Xeral de Sociedades, Folio 40, Folla nº BI-5.558-a
VIAXES EROSKI, S.A. UNIPERSONAL, con C.I.F. 48115638-A, con domicilio no Polígono Artunduaga 14-3, 48970-Basauri (Biscaia), inscrita no Rexistro Mercantil de Biscaia, Tomo 1.471 da Sección Xeral de Sociedades, Folio 70, Folla BI-4987, Inscrición 1ª. E-mail:
atencionalcliente@viajeseroski.com
FUNDACIÓN EROSKI, con C.I.F. 48921944-G, con domicilio en Barrio San Agustín, s/n, 48230-Elorrio (Biscaia), inscrita no Ministerio de Traballo e Asuntos sociais, Subdirección Xeral de Fundacións e Entidades Tuteladas baixo o número 48/0132. E-mail:
info@fundaciongrupoeroski.es
1. - Como provedor do servizo, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA atópase obrigada a prestar os servizos ofertados pola presente WEB, a garantir eficazmente o segredo das comunicacións que puidesen existir co usuario e mais a responder ás reclamacións que eventualmente se lle poidan formular.
2. - En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso a accesibilidade á presente WEB, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, se ben procurará pólo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.
3. - O uso que os usuarios poidan realizar dos servizos e/ou datos e/ou información que se lles subministran a través da presente WEB realizarase por conta e risco do usuario.
EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante, directa ou indirectamente, a información ou os servizos ofrecidos, salvo aquelas garantías que en virtude das leis aplicables deban ser outorgadas ou que queden explicitamente descritas nun acordo entre esta sociedade e o usuario.
EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante o contido subministrado, de ser o caso, por terceiras persoas, nin garante a veracidade, fiabilidade, precisión, oportunidade ou conveniencia da información subministrada para o destino que os usuarios ou calquera outra persoa fagan dela.
4. - Os dereitos de propiedade intelectual sobre a presente WEB son titularidade de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA. O exercicio exclusivo dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación pertencen á devandita compañía.
1. - En todo momento, o usuario debe realizar un uso lícito dos servizos da presente WEB de acordo coa legalidade vixente, respectando os dereitos de propiedade intelectual de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ou terceiros.
Neste sentido, o usuario garante que as actividades que desenvolva a través da presente WEB se adecuarán á lei, á moral, á orde pública, aos bos costumes e que en ningún caso resultarán ofensivas para o bo nome e imaxe comercial de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ou de calquera das outras sociedades integrantes do GRUPO EROSKI, nin para outros usuarios da WEB ou terceiros.
2. - O usuario non realizará a través dos servizos que pon á súa disposición EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos, nin obstaculizará o bo funcionamento da WEB, non causando problemas técnicos de ningunha índole, non transferindo elementos susceptibles de portar virus informáticos ou de danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente a presente WEB, e non intervirá nin alterará o correo electrónico doutros usuarios.
3. - A responsabilidade do usuario sobre a veracidade dos datos introducidos, en caso de que o fixese por calquera circunstancia, é exclusiva, polo que en caso de facilitar datos falsos ou inexactos, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA resérvase o dereito a prohibirlle o acceso a esta WEB.
1. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do presente sitio WEB e dos seus servizos.
Deste xeito, exclúese calquera responsabilidade polas perdas e danos de calquera natureza que se poidan derivar da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio WEB e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios lle poidan atribuír ao presente sitio WEB.
Así e todo, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA realizará os seus mellores esforzos de cara a manter a dispoñibilidade continuada da presente WEB.
2. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA pon á disposición dos usuarios os sistemas de privacidade de datos persoais que impidan o acceso a estes por parte de terceiros. (Política de privacidade do GRUPO EROSKI) EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA implantou todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias que garantan a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos datos persoais facilitados polo usuario.
Neste sentido, a devandita sociedade exímese de toda responsabilidade polas perdas e danos ocasionados en caso de se producir tal coñecemento.
3. - Malia que EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA implantou todas aquelas medidas adecuadas para garantir a seguridade nesta materia, non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos da presente páxina WEB que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware) do usuario ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.
EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA exímese de calquera responsabilidade polas perdas e danos de toda natureza que se poidan deber á presenza de virus nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos, ficheiros etc.
4. - EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA non ten obriga e non controla a utilización que os usuarios fan do presente sitio WEB, dos servizos e dos seus contidos. En particular, esta sociedade non garante que os usuarios utilicen o presente sitio WEB, os seus servizos e os seus contidos de conformidade con estas Condicións Xerais e, no seu caso, coas Condicións Particulares que resulten de aplicación, nin que o fagan de maneira dilixente e prudente.
Esta sociedade tampouco ten a obriga de verificar, e non verifica, a identidade dos usuarios, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que estes lles proporcionan sobre si mesmos a outros usuarios.
5. - O usuario acepta que o Portal foi creado e desenvolvido de boa fe por EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA con información procedente de fontes internas e externas e que llelo ofrece no seu estado actual aos usuarios, pero que pode conter imprecisións ou erratas. Por iso, o usuario exonera a EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsa expectativa que o Portal puidese producirlle durante a súa navegación por este.
Todos os dereitos sobre o contido da presente WEB pertencen a EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, salvo aqueles de empresas coas que asinara o correspondente contrato para a provisión de contidos, e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial.
O deseño, imaxes, mapas, gráficos, marcas, rótulos, signos distintivos ou logos de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, frames, bánners, o software e os seus distintos códigos, fonte e obxecto, etc. desta WEB son titularidade de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, que posúe lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre os mesmos.
Os logos ou signos distintivos do resto de sociedades integrantes do denominado GRUPO EROSKI que poidan aparecer nesta WEB durante a navegación do usuario son titularidade de cada unha delas, que dispoñen lexitimamente en exclusiva os dereitos de explotación sobre eles, e que consenten expresamente que estes sexan incorporados, de ser o caso, na presente WEB.
O usuario que acceda a esta WEB non pode copiar, modificar, distribuír, transmitir, reproducir, publicar, ceder, vender os devanditos elementos ou crear novos produtos ou servizos derivados da información obtida.
Unicamente queda autorizada a visualización e carga para o uso persoal e non comercial do usuario, sen que poida facelo extensivo a terceiras persoas ou entidades.
No caso de gráficos ou deseños que aparezan nesta WEB que sexan de titularidade de empresas colaboradoras de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, seranlles de aplicación, igualmente, as presentes condicións, salvo pacto en contrario.
Queda absolutamente prohibida a alteración desta WEB por parte do usuario e que se poida afectar ao seu contido, a xeito de vínculos (ou links) e similares.
EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA velará para que os contidos desta WEB non teñan carácter pornográfico, xenófobo, discriminatorio, racista, difamatorio ou que non fomenten a violencia. Da mesma maneira procurará evitar calquera circunstancia que poida ser prexudicial para os usuarios.
GRUPO EROSKI respectará en todo momento tanto o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal como o previsto na demais normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e aplicará as medidas de carácter técnico e organizativo que cumpra, co fin de dotar do correspondente nivel de seguridade os ficheiros que conteñan datos facilitados polos usuarios a través deste Portal.
Neste Portal existen enlaces que permiten acceder a páxinas web de determinadas entidades de GRUPO EROSKI (*), distintas de Eroski S. Coop. As devanditas entidades disporán das súas propias políticas de protección de datos, e cada unha delas é responsable dos seus propios ficheiros. Ademais, o usuario é informado da existencia dun enlace á páxina web www.travelclub.es: o seu titular non pertence a GRUPO EROSKI, e, xa que logo, o usuario deberá atender ao previsto na política de protección de datos establecida polo devandito titular.
En ocasións, o usuario poderá facilitar os seus datos a través de formularios, ben de modo voluntario, ou ben a petición da entidade de GRUPO EROSKI (*) que corresponda, co obxecto de realizar consultas, solicitar información e/ou contratar os produtos, servizos e/ou actividades ofrecidos a través deste Portal nos que puidese estar interesado. Se os datos que se lle piden ao usuario son necesarios para que o responsable poida responder á súa consulta, facilitarlle a información requirida e/ou contratar un produto ou realizar a prestación dun servizo, o responsable informaralle diso ao usuario, indicándolle que cubrir eses datos ten carácter obrigatorio.
Cando o usuario facilite os seus datos a través dalgún dos formularios de calquera páxina web de entidades de GRUPO EROSKI (*), o usuario estará a autorizar a entidade de que se trate, para que esta poida tratar os seus datos, de conformidade coa finalidade da recollida. Os datos facilitados formarán parte dun ficheiro, creado baixo a responsabilidade da entidade á que o usuario lle facilite os seus datos, o cal lle será indicado con carácter previo.
O usuario poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección e ante o responsable do ficheiro que se indique en cada caso concreto. Deste xeito, GRUPO EROSKI pretende garantirlle aos usuarios o dereito á información no momento en que se leve a cabo a recollida dos seus datos.
A entidade ou entidades devanditas de GRUPO EROSKI ás que o usuario lle puidera facilitar os seus datos só poderán cedelos se previamente obtiveron o consentimento do usuario para facelo.
Neste Portal non se fai uso de cookies. Agora ben, si é posible que fagan uso delas as entidades que forman parte de GRUPO EROSKI arriba referidas, que a través do aviso legal das súas correspondentes páxinas web informarán o usuario da existencia e finalidade do uso de cookies. Ademais, indicarán cal é o procedemento que cómpre seguir en caso da non aceptación das devanditas cookies.
O usuario será o único responsable, en caso de que cumpra os formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados. Todos os datos facilitados polo usuario serán tratados de xeito confidencial.
(*) Ver punto 2 das condicións.
Non se poderá establecer ningún vínculo ao Portal dende calquera outra WEB sen o previo e expreso consentimento de EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA.
No suposto de que a presente páxina WEB puidese conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios WEB non xestionados por EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, esta sociedade manifesta que non exerce control ningún sobre os devanditos portais ou sitios WEB, nin é responsable do seu contido. Os links que esta WEB puidese conter ofreceranse, unicamente, a xeito de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos dende eles.
En todo caso, EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA e as empresas do GRUPO EROSKI exonéranse de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados por eses terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e fronte a demandas que puidesen interporse en relación con estes.
Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais de navegación e uso da presente WEB fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz afectará tan só á devandita disposición ou parte desta que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de condicións xerais e considerarase tal disposición ou a parte desta que resulte afectada como non posta, salvo que, por resultar esencial ás presentes condicións xerais, as afecte de xeito integral.
Estas Condicións Xerais de uso e navegación así como calquera relación entre o usuario e EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA rexeranse pola lexislación española.
Para calquera litixio derivado da existencia ou contido das presentes Condicións Xerais ou das relacións entre o usuario e EROSKI, SOCIEDAD COOPERATIVA, ambas as dúas partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Bilbao. (Biscaia)