Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina



EROSKI ABRE UN NOVO SUPERMERCADO FRANQUICIADO EN GUIPÚSCOA

O novo establecemento EROSKI/City dispón de 531 m2

EROSKI impulsa a rede comercial franquiada con máis de 500 establecementos na actualidade

2012-01-11

Elorrio, 11 de xaneiro do 2012.- EROSKI inaugurará mañá un novo supermercado franquiado EROSKI/City en Eskoriatza (r/ Intxaurtxueta, 13), en Guipúscoa, cunha superficie de 531 m2, dentro do plan de desenvolvemento de franquías que está a levar a cabo.

Con esta nova apertura, xa son 108 os establecementos do Grupo EROSKI en Guipúscoa, sumando a súa rede de 8 hipermercados, 40 supermercados, 31 oficinas de viaxes, 4 tendas de deporte Forum Sport e 22 perfumerías If. O equipo de traballadores en Guipúscoa suma 1.530 persoas.

A apertura deste establecemento está en consonancia coa definición que ten a franquía de EROSKI, que abriu 25 novas tendas deste tipo no que vai de ano no Estado español.

Estas 25 franquías ocupan entre 300 e 500 metros cadrados en cidades ou pequenas poboacións con máis de 1.500 habitantes, situados en zona urbana e tendas de atracción nos arredores para compras de maior volume.

A proposta comercial desta rede de tendas de proximidade baséase nunha variedade de 2500-3000 referencias, de xeito semellante ao que presenta un establecemento da rede propia de autoservizos e supermercados. Polo tanto, estas tendas preséntanlles aos seus clientes as ofertas, campañas e promocións coincidentes cos super propios de EROSKI.

Unha tenda franquiada de EROSKI ten unha oferta case exclusiva de alimentación, na que os produtos frescos ofrecen unha gran variedade, entre os que cómpre salientar os lácteos e mais as froitas e verduras, con especial mención aos alimentos rexionais. No tocante aos produtos envasados, a presenza dos artigos das marcas líderes de fabricantes combina en harmonía coa marca propia EROSKI, sendo a relación calidade-prezo a referencia competitiva por excelencia.

A rede de franquía de EROSKI é unha oportunidade de futuro para o emprendedor pola súa potencial rendibilidade, que o avala cunha rede estable de 500 tendas franquiadas. É unha rede que destaca por ser xeradora de actividade pola súa alta relación co cliente e o comerciante é xestor directo do seu propio negocio, co respaldo de profesionais con grande experiencia e unha marca de confianza que os avala.

Sobre EROSKI

A rede comercial de EROSKI supera os 500 autoservizos franquiados, que conforman unha rede de tendas consolidada na súa fórmula dende hai décadas. Por territorios, Galicia, con 212, vai seguida do País Vasco, con 126 tendas, das Baleares, con 66, de Andalucía, con 51, de Navarra, con 33, de Aragón, con 24, de Castela e León, con 19, da Rioxa, con 7, igual ca Cantabria, de Castela A Mancha, con 4, e mais de Madrid, con 2.

EROSKI completa unha rede superior aos 2.250 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Francia, EROSKI conta con 39 establecementos (entre hipermercados, supermercados e gasolineiras) e en Andorra, con 4 perfumerías IF.

Dende hai 42 anos, o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da FUNDACIÓN EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.


Tamén en EROSKI.es

Eroski Sannia
Eroski NATUR
Supermercados e Hipercercados EROSKI