Saltar o menú de navegación e ir ao contido
2012-01-12
Santander, 12 de xaneiro do 2012.- EROSKI reuniu máis de 80 provedores cántabros na Xornada "EROSKI e os provedores de Cantabria: unha colaboración de éxito", que se celebrou hoxe no Hotel Baía de Santander e que pretende ser un punto de encontro para o diálogo de EROSKI cos seus provedores rexionais, na súa aposta por potenciar as economías locais. O acto inaugurouno Blanca Azucena Martínez, Conselleira de Gandería, Pesca e Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria, que realizou unha exposición sobre a ampla gama de produtos, de extremada calidade, de Cantabria e salientou a importancia da industria agroalimentaria na economía rexional.
Durante a xornada, Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI, manifestou que "explicou cal é a política comercial que segue EROSKI para potenciar ao máximo as economías locais". Segundo Elizburu "a estreita colaboración cos provedores é un dos eixes diferenciais do modelo de xestión de EROSKI, que busca o máximo desenvolvemento conxunto e pretende contribuír a aumentar a riqueza local das Comunidades Autónomas nas que está presente". Elizburu tamén se centrou na súa intervención na situación actual do sector do gran consumo e manifestou que "o consumidor demanda prezo, calidade, proximidade e innovación, polo que en EROSKI apostamos por unha estratexia de custas competitivas e mais de xeración de valor".

Blanca Azucena Martínez, Conselleira de Gandería, Pesca e Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria, e Gotzon Elizburu, Director de Alianzas Estratéxicas de EROSKI.
Ademais, Raúl Vila, Xerente de EROSKI Valle Real, expuxo cal é a política de produto local na tenda de EROSKI e afirmou que "os nosos novos hipermercados responden ás demandas dos clientes e pretenden ofrecer un modelo diferente ao dos competidores, máis próximo, ben fornecido, amplo e eficiente".
Para rematar, D. Ignacio Parraza, Director Xeral de La Colina, puxo de manifesto a relación comercial do provedor local con EROSKI. Segundo Parraza, "a promoción dos produtos locais é un esforzo que deben realizar en conxunto EROSKI e mais os seus provedores, para que o beneficiado sexa o consumidor final".
No 2011, EROSKI reforzou a súa estratexia de promoción de produtos da terra en todos os seus establecementos comerciais, con acordos de colaboración con case 100 provedores cántabros. Na actualidade, os clientes de Cantabria poden adquirir máis de mil produtos produtos rexionais de grande aceptación. As compras totais supuxeron 38 millóns de euros no 2011, o que supón case duplicar os 20 millóns de euros do 2010.
Outra medida a prol dos provedores locais é que a cooperativa simplifica a facturación, xa que se reduce a unha o número de facturas que se emiten, co conseguinte aforro de tempo na xestión, que pasa a ser máis eficiente e sinxela.
Ademais, facilítalles a loxística aos seus provedores locais, xa que poden entregar os seus produtos nas plataformas de EROSKI, evitando a subministración por zonas ou tendas. Esta medida contribúe a unha xestión máis rápida e económica da loxística e diminúe o número e distancia dos desprazamentos dos provedores.
EROSKI en Cantabria ten unha presenza de 31 establecementos entre hipermercados EROSKI e supermercados EROSKI/center, EROSKI/city, gasolineiras EROSKI, oficinas de EROSKI/viaxes, perfumerías IF, tendas de deportes Forum Sport e autoservizos Aliprox. En total, o equipo de EROSKI nesta comunidade intégrano ao redor de 600 persoas, maioritariamente propietarios.
EROSKI completa unha rede superior aos 2.200 establecementos e está composta por hipermercados EROSKI, supermercados EROSKI/center, Caprabo e EROSKI/city, oficinas de EROSKI/viaxes, gasolineiras, tendas de deporte Forum Sport, perfumerías IF, tendas de ocio e cultura Abac e 22 plataformas. En Andorra, conta con 4 perfumerías IF.
Dende hai 42 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da Fundación EROSKI canalízanse boa parte deses beneficios, que se reverten na sociedade e que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio natural e mais a solidariedade.