Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Iniciativas ceroCO2 en EROSKI

Envases que reducen o CO2

A botella do Suavizante EROSKI dá evitado 15 toneladas de CO2 por cada 1.000 litros de suavizante comercializados.

  • A botella utiliza un 22% menos de material plástico ca a anterior.
  • A etiqueta utiliza un 75% menos de material plástico ca a anterior.
  • A botella ten un 20% máis de capacidade, pasando de 1,5 l a 1,8 l.
  • A fórmula do suavizante é aínda máis concentrada, co que obtén 72 lavados no canto de 54 lavados por botella.
  • Apostamos polas fórmulas concentradas, eliminando os suavizantes diluídos EROSKI, xa que permiten acadar os mellores resultados aforrando en todo o prescindible.

Estes resultados son froito do "ecodiseño", o enfoque que asumimos no desenvolvemento de novos produtos innovadores para reducir o impacto ambiental dos produtos ao longo do seu ciclo de vida, desde as materias primas até a reciclaxe do seu envase.

BOLSAS REUTILIZABLES con menor impacto

O impacto ambiental do uso da Bolsa Reutilizable EROSKI é 5 veces menor ao uso das bolsas de plástico tradicionais dun só uso.

A Bolsa Reutilizable EROSKI é unha alternativa eficaz para reducir o impacto ambiental do noso consumo e frear o cambio climático.

Con ela evitamos o uso de máis de 7 millóns de bolsas de plástico ao ano, xerando aforro para os consumidores porque che descontamos 1 céntimo no teu tícket de compra por cada bolsa que non utilices.

Menos Km. Menos CO2

A frota de EROSKI utiliza un optimizador de rutas para reducir o impacto ambiental e mais as emisións de carbono dos nosos camións. … unha ferramenta que planifica, monitoriza e optimiza todos os procesos de transporte (saídas, rutas, horario, quilómetros…). O emprego desta innovadora ferramenta permitiu introducir elementos de “ecoxestión” na loxística de EROSKI que lograron unha redución media no número de quilómetros próxima ao 5%, aforrar máis de 5 millóns de litros de combustible e evitar a emisión de 14.400 toneladas de CO2 ao ano.

Novas tendas ecoeficientes

As novas tendas EROSKI máis ecoeficientes dan aforrado máis dunha cuarta parte do consumo de enerxía a través de medidas como o peche dos mobles de frío, a instalación de chan radiante ou o control centralizado das instalacións eléctricas.

Etas medidas implantadas deron evitado un total de 203 toneladas de CO2 ao ano por cada tenda.

Por exemplo, grazas ao peche dos mobles de frío conseguimos evitar 70 toneladas de CO2 ao ano en cada tenda.

Iniciativas de EROSKI