Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI contigo

Selección de idioma:

  • EROSKI en Youtube
  • EROSKI en Twitter
  • EROSKI en Facebook

Estás na seguinte localización:

Ferramentas da páxina


Saúde & Benestar

Coidamos de ti con produtos máis saudables

Co Semáforo Nutricional EROSKI

Presentámosche o Semáforo Nutricional EROSKI
  • A información nutricional aparece no frontal do envase, para que o consumidor a localice axiña.
  • Utiliza un sinxelo sistema de cores, verde, amarela e laranxa, para que cunha simple ollada o consumidor poida saber se unha porción do alimento ten un alto (laranxa), medio (amarelo) ou baixo (verde) contido de calorías, azucre, graxa, graxa saturada e sal.
  • Ofrece a información por porción ou unidade doméstica máis habitual (un bol, dúas culleradas, tres galletas, etc.) de alimento, no canto de facelo por cada 100 gramos.
  • Amais das calorías, inclúe información sobre azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra, os cinco nutrientes considerados máis importantes dende o punto de vista da saúde pública. Os valores debaixo do nome do nutriente indican a cantidade de calorías e de nutrientes (azucre, graxa, graxa saturada, sal e fibra) que achega unha porción de alimento.
  • Mediante cifras situadas debaixo de cada nutriente, indícase a porcentaxe que supoñen respecto da Cantidade Diaria Orientativa (CDO) que unha persoa adulta precisa inxerir ao día. Este dato é importante, porque para os nutrientes hai definida unha inxestión máxima recomendada (o que significa que cómpre vixiar o seu consumo), agás para a fibra, para a que existe unha inxestión diaria mínima recomendada (cómpre aumentar o seu consumo).