Espaguetes ao queixo azul con espinacas

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Espaguetes ao queixo azul con espinacas

Descargar

kcal
374 19%
Azúcares
4,3g 5%
Grasas
13g 18%
Grasas saturadas
6g 30%
Sal
0,6g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cocemos os espaguetes en abundante auga fervendo con sal e aceite durante cinco ou seis minutos. Escorrémolos e reservamos. Nunha cazola quentamos a nata líquida e mais o queixo esfaragullado e deixámolos reducir 15 minutos. Nunha tixola con aceite salteamos a ceboliña cortada en cadrados miúdos, as espinacas picadas e crúas e o pemento verde tamén picado. Sazonamos e esparexémoslle pirixel por riba. Á parte salteamos tamén a pasta cun pouco de aceite na cazola. Servimos a pasta nunha fonte, colocamos no centro a fritada de espinacas e salseamos co prebe de queixo.
A pasta é un alimento básico dentro dunha dieta sa, especialmente se é integral, xa que achega a enerxía necesaria para desenvolver as tarefas diarias. Como admite moitas combinacións e é doada de preparar, nunca falta na despensa dos fogares. Componse fundamentalmente de hidratos de carbono complexos e achega moi pouca cantidade de graxa. O segredo para que non resulte un prato excesivamente calórico é acompañala con prebes lixeiros de tomate e verduras. Non obstante, a cantidade de pasta pódese axustar ás necesidades de cada dieta, polo que este alimento pódeo degustar calquera persoa, incluso no caso de diabetes ou necesidade de control do peso. A salsa de queixo azul que acompaña neste caso a pasta contén ingredientes bastante graxos e, xa que logo, cun alto valor enerxético. O seu intenso sabor combina á perfección co da pasta, que ao ter un gusto máis neutro permite realizar estes contrastes. Tanto o queixo coma a nata son fonte de graxa saturada, que se desaconsella para as persoas con problemas cardiovasculares ou de hipercolesterolemia, e para todas aquelas que deban seguir unha dieta escasa de graxa. Mais o queixo tamén nos dá unha cantidade insuperable de calcio, polo que contribúe a manter fortes os ósos e a previr a osteoporose. As espinacas danlle un toque vexetal ao prato e, canda a cebola e mais os pementos, enriquéceno con fibra, vitaminas e minerais. Entre os nutrientes que achegan as espinacas salientan os minerais, como o calcio e mais o ferro, e vitaminas como a vitamina A ou o ácido fólico. Polo seu alto contido en oxalatos están desaconselladas en casos de litíase renal.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de espaguetes
  2. 50 g de queixo azul
  3. 100 ml de nata líquida
  4. 1 ceboliña
  5. 300 g de espinacas
  6. 50 g de pemento verde
  7. Pirixel
  8. 10 ml de aceite de oliva
  9. 50 ml de auga
  10. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/