Medallóns de polo con camembert e salteado de espárragos verdes

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Medallóns de polo con camembert e salteado de espárragos verdes

Descargar

kcal
308 15%
Azúcares
1,7g 2%
Grasas
17g 24%
Grasas saturadas
4g 22%
Sal
1g 10%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos en rodas as peitugas de polo de xeito que nos queden medallóns. Salgámolos lixeiramente e dourámolos cun pouco de aceite de oliva nunha tixola antiadherente, volta e volta; sacámolos e reservamos. Na mesma tixola salteamos a ceboliña fresca e os dentes de allo, ambos cortados en finas tiras; de que estean case cociñados, agregámoslles a parte dianteira dos espárragos verdes, cortados en bastóns. Cociñamos o conxunto a lume medio, escorrémoslle o aceite e reservamos. Montamos un medallón de peituga, as verduras e un pouco de queixo, ata facer dúas capas de cada. Introducimos todo no forno en función de gratinado ata que o queixo se funda e termine de cociñarse o polo. Servimos no momento.
Unha receita sinxela e saborosa, que resulta orixinal sobre todo pola presentación dos ingredientes. En canto ao nutricional, trátase dunha receita proteica, cunha achega complementaria de nutrientes das verduras da gornición e un extra de calcio, calorías e sal do queixo camembert co que gratinamos os medallóns. Se queremos alixeirar o prato, abonda con prescindir do queixo, consello que resulta tamén idóneo para quen teñen alerxia á proteína de vaca ou intolerancia á lactosa, aínda que neste último caso adóitase tolerar unha pequena cantidade diaria de lácteos.

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de peituga de polo
  2. 2 ceboliñas
  3. 200 g de espárragos verdes
  4. 50 g de queixo camembert
  5. 50 ml de aceite de oliva
  6. Un chisco de sal
  7. 2 dentes de allo

sReceta online en: