Medallóns de polo con camembert e salteado de espárragos verdes
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo
- kcal
- 308 15%
- Azúcares
- 1,7g 2%
- Grasas
- 17g 24%
- Grasas saturadas
- 4g 22%
- Sal
- 1g 10%
Modo de preparación
Cortamos en rodas as peitugas de polo de xeito que nos queden medallóns. Salgámolos lixeiramente e dourámolos cun pouco de aceite de oliva nunha tixola antiadherente, volta e volta; sacámolos e reservamos.
Na mesma tixola salteamos a ceboliña fresca e os dentes de allo, ambos cortados en finas tiras; de que estean case cociñados, agregámoslles a parte dianteira dos espárragos verdes, cortados en bastóns.
Cociñamos o conxunto a lume medio, escorrémoslle o aceite e reservamos. Montamos un medallón de peituga, as verduras e un pouco de queixo, ata facer dúas capas de cada. Introducimos todo no forno en función de gratinado ata que o queixo se funda e termine de cociñarse o polo. Servimos no momento.
Unha receita sinxela e saborosa, que resulta orixinal sobre todo pola presentación dos ingredientes. En canto ao nutricional, trátase dunha receita proteica, cunha achega complementaria de nutrientes das verduras da gornición e un extra de calcio, calorías e sal do queixo camembert co que gratinamos os medallóns. Se queremos alixeirar o prato, abonda con prescindir do queixo, consello que resulta tamén idóneo para quen teñen alerxia á proteína de vaca ou intolerancia á lactosa, aínda que neste último caso adóitase tolerar unha pequena cantidade diaria de lácteos.
Ingredientes (4 personas)
- 600 g de peituga de polo
- 2 ceboliñas
- 200 g de espárragos verdes
- 50 g de queixo camembert
- 50 ml de aceite de oliva
- Un chisco de sal
- 2 dentes de allo
sReceta online en:
