Paella da horta
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 326 16%
- Azúcares
- 7,3g 8%
- Grasas
- 4,8g 7%
- Grasas saturadas
- 0,8g 4%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Facemos un rustrido de verduras para o arroz cortando a cabaza e a cabaciña en dados, a cebola en cadradiños e os pementos en cadradiños tamén, quitándolles previamente as sementes.
Quentamos o aceite nunha cazola e rustrimos a cebola a lume manso durante uns cinco minutos.
Engadimos a cabaciña, a cabaza, os pementos, os feixóns verdes en tiras e os champiñóns partidos en cuartos e deixamos que coza todo a lume manso ata que empece a dourarse.
Poñemos ao punto de sal.
Engadimos o arroz e os tomates partidos e deixamos que se refogue coas verduras.
Cubrimos con caldo de verduras ou con auga e deixamos que coza a lume manso durante 18 minutos.
Sacamos a cazola do lume e deixamos que repouse durante cinco minutos destapada. Servimos quente.
Esta receita resulta un prato lixeiro que achega, sobre todo, hidratos de carbono complexos (de absorción lenta) do arroz e fibra, vitaminas e minerais das verduras, que ademais han de ser moi variados, porque hai unha boa variedade de verduras. Hainas de todas as cores. Engade, en moita menos cantidade, proteínas e, aínda menos, graxas, posto que o único ingrediente que as achega é o aceite de oliva. Se ademais se fai con arroz integral, aínda engadimos máis substancias beneficiosas ao prato. É, polo tanto, unha receita recomendable case en todas as situacións.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de arroz
- 100 g de champiñóns
- 1 cabaciña
- 1 cebola
- 100 g de feixóns verdes
- 1 pemento verde
- 1 pemento rojo
- 100 g de cabaza
- 100 g de tomate cereixa (10 tomates)
- 1 dente de allo
- 1 l de auga
- 20 ml de aceite de oliva
- Un chisco de sal
sReceta online en:
