Cuscús de cordeiro con verduras

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
De 30 minuts a 1 hora
Cuscús de cordeiro con verduras

Descargar

kcal
310 16%
Azúcares
3,2g 4%
Grasas
11g 15%
Grasas saturadas
3g 15%
Sal
0,4g 7%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Quentamos o aceite nunha cazola, engadimos a cebola e o allo cortados á brounoise (cadradiños moi pequenos), tapamos e rustrimos a lume manso dez minutos e a continuación engadimos o pemento vermello cortado en cadradiños e os feixóns verdes en tiras. Tapamos a cazola e continuamos a cocción cinco minutos. Incorporamos o cordeiro sen ósos e cortado en anaquiños, e salteamos este conxunto durante dous minutos. Poñemos ao punto de sal e cociñamos o cordeiro durante 30-40 minutos a lume baixo. A continuación engadimos o cuscús, mollamos con auga ata cubrir e deixamos cociñar durante catro ou cinco minutos máis con moi pouco lume e que a sémola se acabe de facer co calor da cazola. Unha vez que estea brando, aromatizamos cun chorriño de aceite de oliva e deixamos repousar dous minutos tapado e fóra do lume antes de servir acabado de facer e quente.
Trátase dun prato nutritivo e enerxético e, aínda que non é apto para todos os públicos, xa que o cordeiro é unha carne graxa e algo indixesta, as cantidades propostas nesta receita fano abordable, porque son comedidas. O cuscús é a sémola de trigo que destaca polo seu contido en hidratos de carbono (tamén en glute, que o fai non apto para celíacos e intolerantes ao trigo). O cordeiro, aínda co seu contido graxo, tamén proporciona proteínas de calidade. A achega de vitaminas, minerais e fibra é escasa e vén dada polos feixóns verdes, polo que para mellorar este aspecto nutritivo conviría acompañar este prato dunha boa ensalada ou dun prato xeneroso de verduras cocidas.

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de cuscus
  2. 200 g de costeleta de cordeiro
  3. 50 g de feixóns verdes redondos
  4. 50 g de cebola
  5. 1 dente de allo
  6. 1 pemento vermello
  7. 30 ml de aceite de oliva
  8. Un chisco de sal

sReceta online en: