Entrante de hummus ou paté de garavanzos

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad per a principiants
Tiempo
Menys de 30 minuts
Entrante de hummus ou paté de garavanzos

Descargar

kcal
432 22%
Azúcares
2,4g 3%
Grasas
21g 30%
Grasas saturadas
3g 15%
Sal
0,4g 7%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Escorremos os garavanzos do zume da cocción ou da conserva e nun vaso de batedor mesturámolos co dente de allo, a cullerada de sésamo, o zume de limón e o aceite de oliva e trituramos todo ata conseguir unha crema fina e brillante. Poñemos ao punto de sal e servimos acompañado dunhas torradas de pan a modo de entrante.
A mestura de garavanzos —legumes— con sementes de sésamo —cereais— confírelle a este prato interesantes calidades nutritivas —hidratos de carbono complexos, proteínas de boa calidade, vitaminas, minerais e fibra—. Ao combinar legumes e cereais, compleméntanse as proteínas vexetais destes alimentos. O hummus xa leva a mestura e ademais úntase en pan, polo que o resultado é un prato completo en proteínas. Os legumes conteñen unha cantidade de ferro moderada, que acompañada de alimentos ricos en vitamina C, como o zume de limón, mellora a súa absorción. A achega de graxa non é esaxerada, aínda que depende da cantidade de aceite que engadamos. A receita é rica en fibra, o que fai deste prato un aliado perfecto para persoas con estrinximento. Acompañado cunha ensalada e unha froita cítrica de sobremesa, convértese nun menú vexetariano ideal e moi recomendable para todas as idades.

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de garavanzos cocidos
  2. 1 dente de allo
  3. 15 g de sementes de sésamo
  4. 60 ml de aceite de oliva
  5. 50 ml de zume de limón
  6. 4 torradas
  7. Un chisco de sal

sReceta online en: