Entrecosto de tenreira con tomate á provenzal

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
Menys de 30 minuts
Entrecosto de tenreira con tomate á provenzal

Descargar

kcal
230 12%
Azúcares
2,5g 3%
Grasas
8g 12%
Grasas saturadas
3g 17%
Sal
0,5g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos os tomates pola metade en sentido perpendicular. Premémolos para quitarlles as sementes, salgámolos un pouco e deixámolos invertidos para que escorran. Quentamos o aceite nunha tixola, botamos os tomates coa cara do corte cara abaixo e, cando empecen a cociñarse e a pel se levante polas beiras, dámoslles a volta. Mentres frixen, pelamos e picamos os allos á brunoise -picadiño moi miúdo- e mesturámolos co pan relado. Cando os tomates empecen a confeitarse, sacámolos da tixola e poñémolos nunha fonte de forno. Na mesma tixola dos tomates engadímoslles o pan relado, o pirixel picado co tomiño seco e o allo e douramos esta mestura. Unha vez torrada, esparexémola sobre os tomates. Introducimos no forno xa quente a 180 ºC durante 10 minutos, tendo coidado de no resecalos. Cociñamos os entrecostos na prancha ou na tixola antiadherente cun pouco aceite de oliva, volta e volta, e engadímoslles sal cando xa están cociñados. Servimos os entrecostos acompañados dos tomates á provenzal.
A carne de tenreira é unha das máis consumidas, xa que ademais de ser fonte de proteínas de boa calidade, presenta un sabor moi agradable e unha textura adecuada. Neste caso a carne cocíñase canda o tomate, que ademais de darlle cor ao prato, vaille achegar diferentes vitaminas e antioxidantes. Para a condimentación desta receita utilizamos ingredientes como tomiño, allo, pirixel ou pementa, que lle van dar un sabor moi especial e poden facer que mesmo sexa posible prescindir do sal, algo que pode resultar beneficioso para as persoas que presenten problemas de hipertensión ou de retención de líquidos.

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de entrecosto de tenreira
  2. 2 tomates
  3. 2 dentes de allo
  4. 20 g de pan relado
  5. 40 ml de aceite de oliva
  6. Pirixel
  7. Tomiño
  8. Un chisco de sal
  9. Pementa

sReceta online en: