Linguado fileteado con salsa de laranxa
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad alta
- Tiempo
- Menys de 30 minuts

- kcal
- 200 10%
- Azúcares
- 6,3g 7%
- Grasas
- 6g 9%
- Grasas saturadas
- 1g 5%
- Sal
- 1g 10%
Modo de preparación
Facemos filetes dos linguados, limpos de pel e de espiñas. Untámolos en aceite de oliva, salgámolos e facémolos "volta e volta" nunha tixola antiadherente moi quente, pois é un peixe moi delicado. Reservámolos nun lugar temperado.
Na mesma tixola na que cociñamos os filetes de linguado, rustrimos a parte branca do porro cortada á brounoise (picada ben fina) e os dentes de allo cortados do mesmo xeito, cunha cullerada de aceite a temperatura media. Cando a verdura empece a coller cor (sen chegar a dourarse) amecémoslle o caldo de peixe, o zume da laranxa (coa maicena diluída no propio zume), un belisco de sal e o ceboliño picado.
Esperamos a que a salsa empece a ferver e deixamos que, cando menos, ferva durante un minuto a lume medio. Cando empece a espesar, sacámola do lume, coámola e vertémola sobre os linguados. Acompañámolos cuns cuarteiróns de laranxa fresca e unhas láminas de pataca cocida e ceboliño acabado de picar.
O linguado é un peixe branco e, xunto coa pescada, un dos peixes máis consumidos en moitas cociñas do mundo. Ten proteínas de moi boa calidade, é de doada dixestión e moi baixo en graxa. Tamén é unha boa fonte de vitaminas do grupo B (como as vitaminas B3 e B9 ou o ácido fólico) e minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o iodo e o ferro. Prepárase con porro e zume de laranxa, o que engade máis vitaminas como C, A, B1 e B2 e minerais como ferro, magnesio, calcio e fósforo. Ademais, o porro é un grande alimento depurativo e axúdalle ao organismo a eliminar líquidos. É unha receita chea de nutrientes e apta para un bo número de consumidores.
Ingredientes (4 personas)
- 600 g de linguado sen espiñas en filetes
- 100 g de allo porro (a parte branca)
- 3 dentes de allo
- 2 laranxas de zume
- 100 ml de caldo de peixe
- 10 g de maicena
- 20 ml de aceite de oliva
- Un chisco de sal
- Uns talos de ceboliño
sReceta online en:
