Pantumaca ou pa amb tomàquet
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad per a principiants
- Tiempo
- Menys de 30 minuts

- kcal
- 372 19%
- Azúcares
- 3,2g 34%
- Grasas
- 25g 36%
- Grasas saturadas
- 7g 34%
- Sal
- 1g 15%
Modo de preparación
Nunha tixola, ou nunha placa de forno, torramos lixeiramente e sen aceite as rebandas de pan por unha das caras.
A parte torrada refregámola con tomate cru e maduro, e condimentamos con sal e aceite de oliva ao gusto.
Nalgunhas zonas adóitase condimentar co aceite de oliva antes de pasarlle o tomate.
Con este pan acompañamos embutidos, queixos ou produtos de salga.
O pantumaca ou pa amb tomàquet é un produto moi consumido en todas as comidas do día. O compoñente máis abundante do pan é o amidón, un hidrato de carbono complexo que lle proporciona ao corpo a enerxía que necesita. Tamén achega proteínas vexetais e é unha boa fonte de vitaminas do grupo B e de elementos minerais como fósforo, magnesio e potasio. O tomate é, canda o pan e mais o aceite de oliva, o outro protagonista desta preparación. É unha hortaliza rica en vitaminas, minerais e substancias con acción antioxidante como o licopeno, que é quen lle achega a súa característica cor vermella. En función do gusto de cada comensal, pódenselle engadir diversos ingredientes salgados, como embutidos, queixos e alimentos afumados. Segundo o alimento que se engada e mais a cantidade de aceite, o valor nutritivo desta preparación hase ver modificado.
Ingredientes (4 personas)
- 125 g de pan artesán (4 rebandas)
- 2 tomates
- 80 ml de aceite de oliva
- 50 g de xamón curado
- 50 g de salchichón
- 50 g de queixo
- Un chisco de sal
sReceta online en:
