Potaxe de soia con cabaza

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
De 30 minuts a 1 hora
Potaxe de soia con cabaza

Descargar

kcal
282 14%
Azúcares
6,9g 8%
Grasas
10g 14%
Grasas saturadas
1,3g 6%
Sal
0,5g 8%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Lavamos a soia. Cortamos a cebola á brounoise (cadradiños moi finos) e refogamos nunha cazola. Cando a cebola comece a dourarse agregámoslle a soia e cubrimos con auga. Cocemos durante 35 minutos a lume medio. Agregámoslle a pataca e mais a cabaza pelada e cortada en cadradiños. Deixamos cociñar o conxunto durante 20 minutos. Ao final elaboramos un refrito con seis culleradas de aceite de oliva e os dentes de allo pelados e cortados en láminas. Agregámoslle o refrito á potaxe, poñemos a punto de sal e servímola quente.
Dada a súa alta cantidade de proteínas, a soia é un alimento recomendado para o desenvolvemento muscular. Os alimentos ricos en proteínas como este están recomendados durante a infancia, a adolescencia e no embarazo, xa que nestas etapas cómpre unha maior achega deste nutriente. Ao estar entre os alimentos ricos en fibra, axuda a favorecer o tránsito intestinal. Incluír na dieta alimentos con fibra, coma neste caso, tamén axuda a controlar a obesidade. Ademais é recomendable para mellorar o control da glicemia en persoas con diabetes, reducir o colesterol e previr o cancro de colon. Como nesta receita está acompañada de cabaza, achega aínda máis fibra, betacaroteno ou provitamina A e vitamina C (cómpre recordar así e todo que esta última destrúese en gran medida coa calor); tamén achega cantidades apreciables de vitamina E, folatos e outras vitaminas do grupo B, potasio e outros minerais como fósforo e magnesio, aínda que en menores cantidades.

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de soia verde
  2. 250 g de cabaza
  3. 1 cebola
  4. 2 patacas
  5. 3 dentes de allo
  6. 1,5 l de auga (ou caldo de verduras sen sal)
  7. 40 ml de aceite de oliva
  8. Un chisco de sal

sReceta online en: