Puré de mazás e peras
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 143 7%
- Azúcares
- 31g 34%
Modo de preparación
Estonamos as mazás, as peras, as laranxas e o limón, e triturámolo todo co batedor ata formar unha crema lixeira. Probamos o punto de azucre e reservamos na neveira.
No momento de servir a crema, sacámola do frigorífico e servímola en copas ou cuncas individuais, decorada cunha folla de menta fresca e unhas rodiñas de mazá royal gala cortadas no mesmo instante de servir.
O puré ou batido de froitas é un xeito rápido, sinxelo e nutritivo de comer froita. Ademais, polo xeral, nunha ración de puré cabe máis dunha froita, polo que se garante parte importante das dúas ou tres racións de froita diarias que se recomendan. Ao batermos a froita fresca concéntranse máis nutrientes que se fose en compota. Para nos beneficiarmos de toda a fibra das froitas, máis abundante na tona, aconséllase lavar ben as pezas con abundante auga e batelas sen estonar, ben batidas para que o puré resulte suave de textura e sabor. En resumo, unha boa dose de vitaminas frescas, de sales minerais, de fibra e abundante auga por cada ración de puré de froitas.
Ingredientes (4 personas)
- 3 mazás golden
- 1 mazá royal gala
- 3 peras conferencia
- 2 laranxas
- 50 g de limón (medio limón)
- Menta
sReceta online en:
