Ragú de bocartes con cebola e chícharos
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad mitjana
- Tiempo
- De 30 minuts a 1 hora

- kcal
- 318 16%
- Azúcares
- 5,1g 6%
- Grasas
- 16g 23%
- Grasas saturadas
- 3g 15%
- Sal
- 0,5g 9%
Modo de preparación
Quitámoslles as cabezas e o interior aos bocartes, lavámolos debaixo da billa, salgámolos lixeiramente, pasámolos por fariña e frixímolos nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Reservamos os bocartes para rematalos co ragú. Picamos a ceboliña, a cenoria pelada, o pemento verde, o tomate e os dentes de allo á brounoise (cadradiños pequenos) e rustrímolos a lume manso na tixola na que friximos os bocartes.
Cando as verduras estean cociñadas engadimos os chícharos e, unha vez refogados estes, engadimos un vaso de viño e deixamos que reduza ata a metade. Engadimos un vaso de auga, deixamos que siga fervendo por espazo de cinco minutos e rectificamos o sal. Nese momento engadimos os bocartes que reservaramos unha vez frixidos e damos unha breve fervura dun minuto. Servimos cando os chícharos estean brandos, esparexendo un chisquiño de ceboliño picado por riba.
Trátase dunha receita moi saborosa pola selección variada de ingredientes e pola maneira de cociñalos, moi zumarenta. Con todo, a fritura fai que o prato resulte moi enerxético e pouco apto para persoas con diversas patoloxías: problemas dixestivos, sobrepeso, obesidade, hipertrigliceridemia, etc. Nestes casos pódese adaptar a receita respectando os mesmos ingredientes, pero suavizando os xeitos de cociñalos, onde a opción do forno, o microondas ou o estufado a lume manso poden ser alternativas acertadas.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g de bocartes
- 100 g de ceboliña
- 2 dentes de allo
- 1 cenoria
- 1 pemento verde
- 1 tomate
- 200 ml de viño branco
- 200 ml de auga
- Ceboliño
- 60 ml de aceite de oliva
- 50 g de fariña
- 40 g de chícharos
- Un chisco de sal
sReceta online en:
