Sopa de soia mungo (soia verde)

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
De 30 minuts a 1 hora
Sopa de soia mungo (soia verde)

Descargar

kcal
269 13%
Azúcares
7,4g 8%
Grasas
10g 14%
Grasas saturadas
1,2g 6%
Sal
0,5g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Eliminamos as impurezas da soia e lavámola minuciosamente. Lavamos e cortamos a verdura, as hortalizas e mais a pataca. Pelamos os allos e partímolos en anaquiños. Pomos a ferver a soia na auga ou no caldo de verduras. Fervemos durante 15 minutos a lume vivo. Salteamos nun pouco aceite a cebola canda a cenoria e o porro, todo cortado á brounoise (cadradiños moi pequenos), sen que collan cor. Cubrimos de auga, agregámoslle as espinacas cortadas á xuliana, a pataca pelada e cortada en pequenos dados e deixamos cociñar 20 minutos a lume manso. Mesturamos as verduras e as hortalizas coa soia verde, dámoslle un fervor ao conxunto ata que a soia estea cociñada e poñemos a punto de sal. Para servir decoramos cun refrito de láminas de allo ben douradiñas nun pouco aceite. Servimos quente e co caldo.
Como legume que é, conta con todos os seus beneficios; de feito, as diferenzas entre os distintos legumes son, no mellor dos casos, bastante pequenas. Así, certos legumes teñen máis fibra dietética; outros máis cantidade dalgunha vitamina e outros destacan polo contido en determinados antioxidantes ou substancias fitoquímicas. Mais o certo é que as investigacións dispoñibles apuntan a que todos os legumes parecen exercer os mesmos beneficios, que son moitos, tanto para a saúde como incluso para o medio natural. Ao ser unha sopa, o seu contido calórico non resulta moi alto, dada a gran cantidade de auga que leva o prato. Ademais, ao acompañarmos a soia coas espinacas, evitamos que se eleve a achega calórica e engadimos outros beneficios como máis fibra, vitaminas e minerais. Entre as vitaminas destacadas das espinacas están a provitamina A e a E, e vitaminas do grupo B; entre os minerais salientan o calcio, o ferro, o magnesio, o potasio e o sodio, ademais de presentar tamén boas doses de fósforo e iodo

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de soia verde
  2. 1 cebola
  3. 1 cenoria
  4. 1 pataca
  5. 250 g de espinacas
  6. 3 dentes de allo
  7. 1,5 l de auga (ou caldo de verduras sen sal)
  8. 40 ml de aceite de oliva
  9. Un chisco de sal

sReceta online en: