Polbo con patacas e arroz
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad mitjana
- Tiempo
- De 30 minuts a 1 hora

- kcal
- 237 12%
- Azúcares
- 0,8g 1%
- Grasas
- 9g 12%
- Grasas saturadas
- 1,5g 7%
- Sal
- 0,3g 5%
Modo de preparación
Débese abrandar o polbo antes de cociñalo. Isto conséguese conxelando o polbo durante dous días para matar o nervio, xa que ao se transformar en xeo a auga do propio alimento, este ocupa un maior volume e fai que se rompan os tecidos e polo tanto a carne queda máis tenra. Desconxelamos o polbo un día antes de cociñalo, colocándoo no frigorífico sobre unha fonte para que escorran os zumes.
Colocamos o polbo nunha ola a presión con medio vaso de auga, tapamos a cazola e cociñamos a lume forte. Cando a cazola teña a máxima presión, deixamos que se coza durante 5 minutos. Sacamos do lume e agardamos a que perda presión antes de abrir a tapa da ola. Sacamos o polbo e reservamos o caldo por unha parte e o polbo por outra.
Cociñamos a cebola, o dente de allo e o pemento verde en brounoisse (cortado moi pequeno) nunha cazola cun pouco de aceite de oliva. Cando a cebola estea de cor amarelo transparente, agregamos as patacas peladas e cortadas xunto co arroz, refogamos o conxunto, e mollamos co caldo de cocción do polbo. Cociñamos a temperatura media durante 20 minutos. Cando estean ao punto o arroz e as patacas, retiramos do lume a cazola, e rematamos de ligar cun chorro de aceite de oliva virxe en cru e pemento picante e doce. Colocamos de base no prato este guiso de patacas e arroz e, sobre el, unhas rodas de polbo cunhas gotas de aceite de oliva virxe e pemento en po espolvoreado.
O polbo é un marisco cefalópodo, ten un contido calórico baixo xa que é un alimento baixo en graxas, de feito pódese comparar con calquera peixe branco. Tampouco contén cantidades elevadas de colesterol, e achega preto de un 18 % de proteínas. Salienta o seu contido en iodo, ferro, calcio, potasio, zinc, sodio, fósforo e vitaminas E, e do grupo B. Prepárase con arroz, un alimento que achega carbohidratos, e fibra, minerais e outras substancias beneficiosas se se consome na súa forma integral. As patacas achegan tamén hidratos de carbono e fibra. Unha maneira diferente e saudable de consumir polbo.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g de polbo
- 150 g de patacas
- 100 g de arroz
- 30 g de cebola
- 30 g de pemento verde
- 1 dente de allo
- 25 ml de aceite de oliva virxe
- Un pouco de pemento en po doce e picante
- Un pouco de sal
sReceta online en:
