Batido de paraguaios e laranxas
- Sobremesa
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 139 7%
- Azúcares
- 24g 27%
- Grasas
- 1,7g 2%
- Grasas saturadas
- 1g 5%
- Sal
- 0,1g 1%
Modo de preparación
Pelamos os paraguaios, partímolos en dous e quitámoslle o óso.
Pelamos as laranxas e separamos os cuarteiróns.
Poñemos os paraguaios e as laranxas no vaso do batedor e batemos.
Engadimos o zume das catro laranxas e os dous iogures naturais, e batemos ata formar unha crema homoxénea.
Gardamos na neveira.
Á hora de servir, batemos de novo o preparado e colocamos en vasos que podemos decorar con pallas e algún anaco de froita picada por enriba.
Os paraguaios e as laranxas son os ingredientes básicos desta receita, ademais do iogur. As froitas achegan a súa dozura, en base ao seu contido de azucres naturalmente presentes (frutosa), polo que non é necesario adozalo. Ademais, son ricas en vitaminas como o beta-caroteno ou pro-vitamina A, ácido fólico, vitamina C e minerais como o potasio, ácidos orgánicos (ácido cítrico, entre outros, que potencia a acción da vitamina C) e fibra, que, entre outras cousas, mellora o tránsito intestinal. O beta-caroteno e a vitamina C, son dúas substancias de potente acción antioxidante. O iogur, é un derivado lácteo rico en proteínas, calcio, vitaminas do grupo B, vitaminas liposolubles A e D e en calcio, e o seu contido graxo é baixo. Polo tanto, esta é unha receita moi axeitada para todas as idades e, en especial, para fomentar o consumo de froitas entre aqueles a quen lles custa consumir as racións recomendadas destes alimentos tan necesarios para unha boa saúde. Unha boa sobremesa, almorzo ou petisco de verán.
Ingredientes (4 personas)
- 300 g de paraguaios
- 300 g de laranxas
- 2 iogures naturais
- 4 laranxas en zume
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
