Ensaladas de tomate, melocotón e cogombro con aliño de conservas en vinagre

  • Primeiro prato
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad para principiantes
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensaladas de tomate, melocotón e cogombro con aliño de conservas en vinagre

Descargar

kcal
178 9%
Azúcares
6,6g 7%
Grasas
16g 23%
Grasas saturadas
3g 13%
Sal
0,5g 9%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Limpamos os cogombros, pelamos e cortamos en rodas Pelamos o melocotón e cortamos en láminas finas. Lavamos o tomate e cortamos en cuarteiróns. Para a vinagreta, mesturamos as conservas en vinagre cortadas moi pequenas co aceite de oliva, o zume de limón, o vinagre balsámico e o sal. Colocamos as rodas de cogombro, os cuarteiróns de tomate todo iso frío acabado de sacar da neveira e regamos coa vinagreta de conservas en vinagre. Decoramos co melocotón e servimos no momento.
O tomate é unha hortaliza rica en vitaminas, minerais e outras substancias con funcións antioxidantes coma o licopeno, que é o pigmento que lle dá a cor vermella. Nesta receita, o tomate comparte protagonismo co cogombro, caracterizado polo seu escaso valor enerxético dada a súa abundancia de auga; e co melocotón, froita de tempada, e neste mes salienta o melocotón de Calanda. Polo tanto, segundo os seus ingredientes e as propiedades nutritivas de todos eles, é un prato refrescante, saboroso, baixo en calorías e moi nutritivo, especialmente indicado para os meses estivais. E ademais resulta moi orixinal polo seu aliño a base de conservas en vinagre.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de cogombro
  2. 1 melocotón
  3. 1 tomate
  4. 15 g de olivas
  5. 15 g de ceboliñas en vinagre
  6. 20 g de cogombros pequeniños en vinagre
  7. 60 ml de aceite de oliva
  8. 10 ml de zume de limón
  9. 10 ml de vinagre balsámico
  10. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/