Leite merengado

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 1 a 2 horas
Leite merengado

Descargar

kcal
113 6%
Azúcares
14g 16%
Grasas
3,7g 5%
Grasas saturadas
2g 10%
Sal
0,1g 1%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Ferveremos o leite xunto á canela e a pel do limón: Cando ferva, baixamos a temperatura do lume e cando baixe facémola subir de novo. Así tres veces. Deixaremos o leite temperar, engadimos o azucre e porémolo na neveira. Batemos as dúas claras de ovo a punto de neve. Unha vez frío o leite mesturámolo pouco a pouco con movementos envolventes co leite e introducimos no conxelador durante 1 hora, sacamos do conxelador e consúmese coma se fose unha crema xeada.
A presenza destacada de leite nesta receita asegúranos unha cantidade apreciable de calcio, un mineral necesario para a formación dos ósos e os dentes e cuxo déficit continuado na dieta é a orixe dunha enfermidade cada vez máis presente na sociedade como é a osteoporose. O leite achega ademais hidratos de carbono, proteínas de alta calidade e unha cantidade variable de graxa, segundo sexa enteiro, semi ou desnatado. As proteínas que proporcionan as claras de ovo tamén son de alto valor biolóxico, de feito é a mellor proteína, xa que contén todos os aminoácidos esenciais que o organismo non pode sintetizar. O azucre débese evitar na medida do posible na dieta, ao ser fonte de hidratos de carbono sinxelos, por iso non é unha receita que se recomende realizar con frecuencia, aínda que neste caso a cantidade de azucre non é moi elevada, equivalería a un terrón de azucre. O limón e a canela achegan un sabor delicioso a esta sobremesa, o que permitiría poder eliminar o azucre, fai a proba!  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 ml de leite
  2. 2 claras de ovo
  3. Un pau de canela
  4. 1 limón
  5. 30 g de azucre

sReceta online en: