Salmón ao menú

  • 3638 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Salmón ao menú

Descargar

kcal
294 15%
Azúcares
1,8g 2%
Grasas
16g 23%
Grasas saturadas
3g 14%
Sal
1g 10%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Estonamos unhas patacas e cortámolas en rodas finas, igual ca a cebola. Rustrimos un pouquiño nunha tixola a lume medio cunhas pingas de aceite de oliva. Cando empece a cociñarse, colocámolas sobre unha bandexa de forno, tapando toda a base desta, e salgamos un pouquiño. Colocamos os lombos de salmón sobre a cama de pataca e cebola medio cociñadas, salgamos por riba, botámoslle un chisco de allo seco en po e vertemos unhas pingas de aceite de oliva. Introducimos no forno a 200 ºC (xa quente desde dez minutos antes). Pasado este tempo, regamos coa copiña de viño e deixamos entre cinco e dez minutos máis, segundo como gustemos de cociñar o salmón. Unha vez asado, sacamos do forno a bandexa co salmón e a gornición e servimos.
O salmón é un peixe azul, que posúe innumerables beneficios para o organismo. É fonte de ácidos graxos omega 3, é dicir, graxas saudables que axudan, entre outras cousas, a coidar o corazón. É rico en vitaminas A, B1, B2, B6 e C e minerais como sodio, fósforo, calcio, potasio, magnesio e ferro. Prepárase con pataca, o que lle engade enerxía en forma de hidrato de carbono, ademais de vitaminas C, E e A e minerais como o potasio, o fósforo e o magnesio. É unha receita algo graxa, o que cómpre ter en conta.

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de salmón fresco en lombos
  2. 250 g de patacas
  3. 150 g de cebola
  4. 10 g de allo seco en po
  5. 75 ml de viño branco
  6. 20 ml de aceite de oliva virxe
  7. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/