Sopa de ave con garavanzos e fideos

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Sopa de ave con garavanzos e fideos

Descargar

kcal
351 18%
Azúcares
4,9g 5%
Grasas
7g 10%
Grasas saturadas
1,4g 7%
Sal
0,6g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Poñemos nun pucheiro a cocer o polo limpo co porro, a cebola, a cenoria, o perexil e o allo. Todo iso pelado, limpo e en corte groso. Téñense cocendo 1 hora (na ola rápida é suficiente con media hora). Coamos o caldo e separamos o polo das verduras. Esmigallamos o polo e reservamos. A verdura pasámola polo pasador de puré ou polo batedor. Mesturamos co caldo de polo as verduras trituradas, agregamos os garavanzos cocidos e o fideo. Cocemos o conxunto durante 10 minutos. No último minutos poñemos a punto de sal e agregamos a carne de polo cocida e esmigallada. Servimos a sopa quente, procurando ter a mesma proporción de fideos, carne de pelo esmigallada e garavanzos en cada prato.
Trátase dunha receita moi variada posto que conta cunha ración de hortalizas, unha ración de carne branca magra, e máis ou menos media ración de pasta e legumes. Ademais, axuda á hidratación xa que achega gran cantidade de auga, e ao ser un prato quente apetece en época de baixas temperaturas, que ademais é cando máis pode custar beber auga. Resulta perfecta como cea, completándoa cunha froita fresca de tempada e/ou un lácteo sinxelo (iogur natural, callada, queixo fresco...). Se se quere, pódese engadir ovo cocido, o que aumentará a presenza de proteínas de alta calidade, graxas, e vitaminas liposolubles (que se atopan só disoltas en graxa) como vitaminas A, E e D.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de peituga de polo
  2. 200 g de polo (1 coxa)
  3. 200 g de garavanzos cocidos
  4. 160 g de fideos
  5. 1 cebola
  6. 1 porro
  7. 1 cenoria
  8. 2 dentes de allo
  9. Perexil
  10. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/