Batido de arandos e iogur
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 116 6%
- Azúcares
- 14g 16%
- Grasas
- 3,6g 5%
- Grasas saturadas
- 2g 10%
- Sal
- 0,1g 2%
Modo de preparación
Nun vaso de batedor botamos os iogures naturais, a metade dos arandos, o azucre e o leite, todo acabado de sacar da neveira. Trituramos ata conseguir unha textura fina e cremosa. Aparte, trituramos o resto dos arandos cunha cullerada de azucre para formar un puré frío de froita.
Servimos en copa colocando unha base de puré de arandos e/ou de iogur, logo o batido, e por encima decorando algún arando enteiro que reservásemos. Podemos substituír os arandos por calquera froito do bosque do noso gusto como amoras, framboesas ou amorodos silvestres. Se queremos gardar o batido na neveira será nun recipiente pechado e a ser posible de vidro, para que non absorba cheiros nin sabores alleos aos ingredientes do batido.
O iogur é un alimento beneficioso que pode formar parte dunha alimentación saudable achegando aspectos moi positivos, ademais que é o lácteo máis facilmente dixerible. Entre as súa propiedades nutritivas salienta a presenza de proteínas de alto valor biolóxico, calcio, e fósforo. Prepárase con arandos, entre os que salienta a cantidade de antioxidantes. Aínda que na receita aparece a adición de azucre, pode perfectamente prescindirse dela, posto que os lácteos enteiros e os arandos, ou calquera outro froito do bosque, xa achegan bastante intensidade de sabor. De todas formas, tamén se pode substituír por edulcorantes acalóricos, que non producen alteración dos niveis de azucre en sangue.
Ingredientes (4 personas)
- 4 iogures naturais
- 150 g de arandos vermellos
- 100 ml de leite
- 20 g de azucre
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
