Batido de iogur e froita fresca con froitos secos

  • Sobremesa
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad para principiantes
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Batido de iogur e froita fresca con froitos secos

Descargar

kcal
211 11%
Azúcares
27g 30%
Grasas
8g 11%
Grasas saturadas
3g 14%
Sal
0,1g 2%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Pelamos as peras e os plátanos e cortámolos en rodas. Facemos zume das dúas laranxas e do limón. Con axuda do batedor, trituramos as peras e o plátano co zume de laranxa e limón. Unha vez conseguido o batido de froitas, engadimos os iogures de un en un ata conseguir a textura desexada. Servimos os batidos en cuncas individuais, decorándoos con anacos pequenos de froitos e froitas secas como noces, abelás torradas ou uvas pasas, por exemplo.
Este refrescante batido cuxos ingredientes principais son a pera, o plátano e a laranxa, ademais do iogur, resulta unha fonte importante de vitaminas como pro-vitamina A, ácido fólico, vitamina C e minerais. O iogur enriquéceo en proteínas de boa calidade, calcio, vitaminas do grupo B e liposolubles A e D. As noces e as abelás incrementan o valor nutricional, sobre todo pola súa riqueza en graxas cardiosaudables. O consumo de froitas desecadas é unha boa estratexia para substituír a adición de azucres aínda que as froitas xa son alimentos de sabor doce de por si. Esta receita está aconsellada para todas as idades e, en especial, para fomentar o consumo de froita e en froitos secos, entre aqueles a quen lles custa consumir as racións recomendadas destes alimentos tan beneficiosos para a saúde. Unha receita que podemos incorporar como sobremesa, almorzo ou petisco en calquera momento do día.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 4 iogures naturais
  2. 1 pera
  3. 1 plátano
  4. 2 laranxas
  5. 1 limón
  6. 50 g de noces peladas, abelás torradas e uvas pasas

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/