Cabaciñas reenchidas con tofu e verduras

  • 3572 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Cabaciñas reenchidas con tofu e verduras

Descargar

kcal
133 7%
Azúcares
3,9g 4%
Grasas
10g 14%
Grasas saturadas
1,5g 8%
Sal
0,4g 7%
4 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos en cilindros as cabaciñas, baleirámolas, untámolas con aceite de oliva e cun pouco de sal e introducímolas no microondas durante cinco minutos a máxima potencia. Por outra banda salteamos cun chisco de aceite de oliva as puntas dos espárragos verdes e mais a cenoria pelada e cortada en bastóns, e unha vez salteado todo mesturámolo co tofu. Esta mestura poñémola a punto de sal, dámoslle un toque de pementa e reenchemos con ela as cabaciñas. Despois introducímolas no forno microondas a potencia media durante cinco minutos. Servimos quente, en compañía dunha salsa de tomate caseira.
Un xeito doado, rápido, nutritivo e orixinal de introducir na alimentación cotiá novos alimentos como o tofu. Ademais de probar novos sabores, esta receita proporciona ideas para aumentar o consumo de proteína vexetal en detrimento da proteína animal. Cómpre ter en conta que, segundo os resultados dos últimos estudos sobre hábitos de consumo por parte da poboación xeral, o noso consumo de proteína animal está a ser desproporcionado.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 2 cabaciñas
  2. 100 g de espárragos verdes
  3. 100 g de cenoria
  4. 200 g de tofu
  5. 200 g de salsa de tomate caseira
  6. 40 ml de aceite de oliva
  7. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/