Copa de amorodos e iogur
- Sobremesa
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 126 6%
- Azúcares
- 14g 15%
- Grasas
- 3,5g 5%
- Grasas saturadas
- 1,6g 8%
- Sal
- 0g 1%
Modo de preparación
Lavamos os amorodos, cortámolos e mesturamos co azucre e unhas pingas de vinagre de viño, deixándoos macerar durante 20 minutos a temperatura ambiente. Batemos os iogures ata facelos cremosos. Montamos a copa facendo dúas capas de amorodos cortados, crema de iogur e copos de avea botados a modo de separación. Reservamos no frigorífico ata o momento de servir, no que decoraremos cuns anaquiños de amorodos, algún froito seco crocante, ou uns copos de avea...
Entre as propiedades nutritivas do iogur salienta a presenza de proteínas de alta calidade, calcio, e vitaminas A e D. Prepárase con amorodos, unha froita de tempada cunha abundante cantidade de vitamina C, que ten acción antioxidante. Mestúrase con copos de avea, o que suma calorías a partir de hidratos de carbono complexos. É unha receita que se pode consumir sen problema sempre e cando non estea contraindicado, por exemplo, se se padece alerxia ás proteínas do leite de vaca.
Ingredientes (4 personas)
- 4 iogures natural (500 gramos)
- 200 g de amorodos maduros
- 10 g de azucre
- 50 g de copos de avea
- Unhas pingas de vinagre de viño branco
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
