Crema lixeira de peixe con tomatiños asados
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad media
- Tiempo
- De 1 a 2 horas

- kcal
- 218 11%
- Azúcares
- 3,7g 4%
- Grasas
- 5,9g 8%
- Grasas saturadas
- 1g 5%
- Sal
- 1g 12%
Modo de preparación
En 2 litros de auga, ponse un dente de allo e un pouco de cebola e perexil. Cando comeza a ferver a auga, engádese o peixe sapo limpo e con espiñas, e a pescada en anacos e sazonada. Cócese o conxunto durante 20 minutos. Despois, cóase o caldo e pásase a outro recipiente.
Á parte, nunha tixola, prepárase un salteado con cebola cortada en finas rodelas e uns tomatiños cereixa. Cando a cebola estea rustrida e os tomatiños asados, retíranse a unha bandexa para utilizalos posteriormente. Nesa mesma tixola, cun pouco de aceite, tórranse as rodelas de pan cortadas finas. Unha vez torradas, engádeselles unha culler de pemento doce, refógase fóra do lume e engádense ao caldo. Cómpre que se ferva ata que se desfagan e o conxunto forme unha crema lixeira moi fina. Ponse o punto de sal e resérvase.
O seguinte paso é esmiuzar a carne do peixe sapo e da pescada, e mantela nun lugar quente. Ademais, as ameixas ábrense ao vapor e as colas de gambas pélanse e saltéanse lixeiramente.
Por último, sobre cada prato, colócase o salteado de cebola cos tomatiños asados, os peixes e mariscos cociñados, todo en quente e cun chorriño de aceite de oliveira virxe e un chisco de sal en escamas. Ao lado, sérvese o caldo cremoso de peixe, moi quente, para que cada un se sirva caldo ao gusto.
Trátase dunha exquisita crema de peixe e moluscos. Escolléronse peixes brancos, baixos en graxas e de sabor suave, que combinan á perfección coas ameixas e as gambas; tamén de moderado contido en graxa e colesterol. Pódese tomar como un primeiro, como segundo ou como entrante. Pódeselle dar variedade engadindo cada vez diferentes combinacións de peixes e mariscos. Unha boa receita para os meses máis fríos.
Ingredientes (4 personas)
- 300 g de peixe sapo
- 200 g de pescada
- 100 g de ameixas
- 200 g de gambas peladas
- 100 g de cebola
- 200 g de tomatiños cereixa
- 1 dente de allo
- 100 g de pan seco
- 20 ml de aceite de oliva virxe
- Un chisco de sal
- Unhas ramas de perexil
- 5 g de febras de azafrán
- 4 g de pemento doce
sReceta online en:
