Crema Saint-Germain de chícharos con porros fritos
- Primeiro prato
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora

- kcal
- 279 14%
- Azúcares
- 4,3g 5%
- Grasas
- 19g 28%
- Grasas saturadas
- 3g 16%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Lavamos o porro, pelamos a cenoria e a pataca e cortamos todo de forma grosa. Reservamos un porro cortado en xuliana para a gornición.
Nunha cazola quentamos o aceite de oliva virxe extra e refogamos os dentes de allo pelados e a cebola pelada e picada. Cando estea transparente a cebola, engadimos o porro, a cenoria, a pataca e os chícharos frescos ou ben escorridos se os usamos en conserva.
Refogamos durante 2 minutos e mollamos ata cubrir con auga. Cociñamos a fervura suave e continuada durante 40 minutos. Engadimos un pouco de sal e trituramos con axuda dun batedor ata conseguir unha crema uniforme.
Se queda demasiado espesa, pódese engadir un pouco de leite ou auga. No momento de servir acompañamos de un chorriño de aceite de oliva virxe e dunhas tiras de porro limpas e salteadas lixeiramente nunha tixola antiadherente cunha pinga de aceite de oliva e sal.
Unha receita moi saudable, saborosa, e que axuda a consumir chícharos quizais dun xeito diferente ao habitual, co que facilita tomar as racións recomendadas de legumes, que o idóneo sería que estivesen presentes polo menos 3 veces á semana. Ao facer a crema co batedor evitamos a perda de nutrientes, fundamentalmente de fibra. Neste caso o legume vai acompañado de verduras, o que engade aínda máis propiedades beneficiosas ao prato. Con esta receita, achegamos unha ración de legumes, unha ración de verduras e dúas racións de aceite de oliva virxe, todos alimentos de orixe vexetal entre os que salientan a achega de hidratos de carbono complexos, proteína vexetal, vitaminas, minerais, e graxas cardiosaudables. Unha receita axeitada para os máis cativos (quizais haxa que ter un pouco de coidado coas tiras de porro salteadas ata os 3-5 anos) para introducirlles os chícharos sen o perigo de atragoamento, e como ademais a crema faise con outras verduras suavízase algo o sabor do prato.
Ingredientes (4 personas)
- 500 g de chícharos frescos ou en conserva
- 100 g de cebola
- 100 g de cenoria
- 200 g de porro
- 100 g de patacas
- 4 dentes de allo
- 80 ml de aceite de oliva virxe
- Un pouco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
