Xeado de iogur e plátano

  • 2947 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Xeado de iogur e plátano

Descargar

kcal
127 6%
Azúcares
11g 12%
Grasas
8g 11%
Grasas saturadas
4g 21%
Sal
0,1g 1%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Quentamos o leite co azucre e unha vez que ferva deixámolo arrefriar. Noutro recipiente batemos o iogur, o plátano pelado e triturado e mais a nata líquida coas xemas de ovo; devagar ímoslle agregando o leite con azucre morno (xa case frío) ata que quede unha mestura homoxénea. Pasamos a mestura a un recipiente de plástico e conxelámola. É importante remexer de cando en vez para que non cristalice ata que colla a consistencia de xeado, durante cinco horas. Unha vez conxelado, sacamos unhas bólas e servimos cuns anaquiños de plátano seco ou unhas faragullas de galleta.
É un xeado da casa, que leva nata, leite, iogur e plátano. Non contén unha cantidade esaxerada de graxa saturada nin de azucres, polo que pode consumirse, sempre e cando se faga con moderación. Entre as propiedades nutricionais da receita destaca a presenza de proteínas, calcio, potasio, sodio, iodo, fósforo e vitaminas A, D, B7, B9, C, E e K. Non obstante deben moderar o seu consumo aquelas persoas con niveis elevados de colesterol. É xa que logo unha receita de gran sabor e agradable textura que, con moderación, pode consumirse sen contratempos.

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de iogur natural
  2. 50 g de plátano moi maduro
  3. 50 ml de leite de vaca
  4. 50 ml de nata líquida
  5. 25 g de azucre
  6. 1 xema de ovo

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/