Revolto de pementos do Piquillo con xamón ibérico
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 316 16%
- Azúcares
- 3,3g 4%
- Grasas
- 20g 29%
- Grasas saturadas
- 6g 30%
- Sal
- 1g 12%
Modo de preparación
Cortamos os pementos en xuliana fina (tiras longas). Nunha tixola cun pouco de aceite e o allo cortado moi fino, engadimos o xamón cortado en anacos pequenos. Sobre o lume suave deixamos dourar o allo e nese momento engadimos os pementos e agardamos que se refoguen. Sazonamos cun pouco de sal. Engadimos os ovos semibatidos e a lume suave vámolos traballando ata que callen.
Os pementos do Piquillo son un dos alimentos protagonistas deste revolto, a súa cor e o seu intenso sabor danlle ao prato un toque inconfundible. Os pementos son alimentos de baixo contido calórico, xa que conteñen moita auga, mentres que salienta a presenza de vitaminas, minerais e substancias con acción antioxidante, moi beneficiosas para a saúde. Concretamente os pementos son ricos en vitamina C, pero neste caso hai que ter en conta que parte dela se destrúe pola aplicación de calor, é unha das vitaminas máis sensibles a altas temperaturas. Xunto aos pementos atópase o xamón ibérico, rico en proteínas de alto valor biolóxico. E por suposto para elaborar o revolto ha de estar presente o ovo, un alimento que posúe as proteínas de mellor calidade, graxas e vitaminas, onde merece a pena salientar o contido en vitamina D, xa que os últimos estudos evidencian un déficit desta vitamina na nosa contorna.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de pementos vermellos do Piquillo
- 200 g de xamón ibérico
- 1 dente de allo
- 8 ovos
- 10 ml de aceite de oliva virxe
- Un pouco de sal
sReceta online en:
