Tortilla de queixo fresco, pementos e piñóns

  • Segundo prato
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Tortilla de queixo fresco, pementos e piñóns

Descargar

kcal
272 14%
Azúcares
4,1g 5%
Grasas
21g 31%
Grasas saturadas
4g 21%
Sal
1g 11%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos os pementos en cadradiños e reservamos. Batemos os ovos nun recipiente. Nunha tixola cun pouco de aceite quente, salteamos os piñóns e os cadradiños de pemento verde e vermello. Unha vez salteados, dámoslles un último golpe de calor co queixo fresco. A continuación vertemos os ovos batidos e, cando comece a callar, engadimos un pouco de sal e enrolamos en forma de bolo ou lle damos a volta. Debemos asegurarnos de que a tortilla quede callada, pero non seca.
Na variedade está o gusto e innovar na cociña non ten porque ser complicado, non hai máis que probar esta orixinal receita; unha tradicional tortilla pero con queixo fresco, pementos e a textura crocante que proporcionan os piñóns salteados. Este prato é ideal como achega proteica de alta calidade, xa que a proteína do ovo é a mellor. Ao facela con queixo fresco estamos engadindo aínda máis proteínas de calidade, ademais de calcio, sen engadir máis graxas, xa que neste caso o queixo fresco Sannia é 0 % materia graxa. Os piñóns, ademais de orixinalidade, van achegar algo de graxa saudable. E como tamén leva pemento, engadimos algúns beneficios das hortalizas. En definitiva, unha receita orixinal, saudable e que achega variedade ás nosas tortillas. Para redondeala, podemos acompañala dun prato de hortalizas: ensalada, verduras á prancha, gazpacho...  

Ingredientes (4 personas)

  1. 6 ovos
  2. 1 pemento verde
  3. 1 pemento vermello
  4. 300 g de queixo fresco batido natural Sannia
  5. Ceboliño
  6. 40 g de piñóns
  7. 10 ml de aceite de oliva
  8. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/