Xurelo con verduras e patacas
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 363 18%
- Azúcares
- 3,9g 4%
- Grasas
- 21g 30%
- Grasas saturadas
- 2g 10%
- Sal
- 1g 10%
Modo de preparación
Poñemos unha cazola a lume suave cun pouco de aceite e a cebola cortada en xuliana e deixámola facer lentamente, tapada ata que comece a coller cor dourada.
Nese intre agregamos as patacas laminadas, as vaíñas ou xudías verdes cortadas en xuliana (tiras finas), o pemento verde cortado en rodas, os dados de tomate e as láminas de allo, deixando cociñar durante dez minutos cun pouco de sal.
Sacamos esta verdura a unha placa de forno e sobre ela colocamos os lombos de peixe completamente limpos e libres de espiñas. A elaboración de limpar o peixe e sacar os lombos podémolo pedir na peixaría.
Sazonamos o peixe e introducimos a bandexa no forno prequecido a 180º C, durante 10 minutos.
Servimos os lombos do xurelo coa xuliana de verdura e a pataca como base do prato.
O xurelo é un peixe graxo, é dicir, dos denominados peixes azuis, se ben as súas graxas son cardiosaudables (omega 3), por exemplo, contribúen a diminuír os niveis de colesterol "malo" (LDL) en sangue, e a aumentar os niveis de colesterol "bo" (HDL). Ademais é boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico, de alta calidade. Neste caso o xurelo acompáñase cunha gornición elaborada con patacas e diferentes verduras que lle van achegar ao prato hidratos de carbono, vitaminas, minerais, fibra, así como substancias con acción antioxidante.
Ingredientes (4 personas)
- 800 g de xurelo (2 xurelos)
- 2 patacas medianas
- 1 cebola
- 100 g de xudías verdes
- 1 tomate grande
- 1 pemento verde
- 1 dente de allo
- chile
- 40 ml de aceite de oliva
- Un pouco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
