Rapante á prancha con limón e allos tenros salteados
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 333 17%
- Azúcares
- 2g 2%
- Grasas
- 16g 23%
- Grasas saturadas
- 3g 14%
- Sal
- 1g 13%
Modo de preparación
Limpamos os rapantes de cabeza, espiñas laterais e vísceras. Unha vez limpos, dámoslles uns pequenos cortes transversais, para que no momento de cociñalos se fagan antes. Nunha tixola antiadherente a lume medio e cun pouco de aceite de oliva pasamos os peixes dous minutos por cada lado, salgándoos e engadindo unhas gotas de zume de limón segundo se van cociñando. Nesa mesma panela e cun pouco máis de aceite salteamos ata que se torren os allos tenros. Servimos os rapantes acompañados dos allos tenros e unha roda de limón.
O rapante é un peixe branco, con escaso contido graxo e rico en proteínas de alto valor biolóxico. Ademais, grazas ao seu sabor suave, pode axudar a que os máis pequenos se vaian acostumando a consumir peixe de maneira habitual. Neste prato, o rapante cocíñase á prancha, polo que o seu contido calórico non vai aumentar. Acompáñase dunha salsa lixeira de limón e duns allos tenros, que fan do conxunto un prato moi apropiado para dietas con restrición de graxas e calorías. Grazas ao xeito de cociñar esta receita e ás características nutricionais dos alimentos que forman parte deste prato, pode considerarse apto para calquera persoa, excepto para os que padezan alerxia ao peixe.
Ingredientes (4 personas)
- 1,8 kg de rapante
- 100 g de allos tenros
- 60 ml de aceite de oliva
- 1 limón
- Un chisco de sal
sReceta online en:
