Albóndegas de soia
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora

- kcal
- 658 33%
- Azúcares
- 11g 12%
- Grasas
- 25g 35%
- Grasas saturadas
- 3g 17%
- Sal
- 1g 13%
Modo de preparación
Hidratamos a soia texturada e escorrémola.
Mesturamos a soia, o ovo, a fariña, o sal, o allo picado e o pirixel picado.
Formamos as albóndegas e pasámolas polo pan relado.
Friximos as albóndegas nunha tixola co aceite de oliva quente.
Escorrémolas unha vez frixidas nunha bandexa con papel de cociña e posteriormente introducímolas nunha cazola con salsa de tomate onde remataremos de cociñalas durante cinco minutos cun fervor suave.
A soia é un legume con propiedades moi interesantes. Posúe máis proteínas ca a carne e o seu contido en vitaminas, minerais, antioxidantes e graxas insaturadas é notable. A soia texturada é un concentrado de proteína que se obtén a partir da soia e que grazas á súa textura pódese empregar como substituto da carne. Neste caso elaboramos coa soia unhas orixinais albóndegas que acompañamos con salsa de tomate, que ademais de darlle cor ao prato vai achegar diferentes vitaminas, minerais e substancias con acción antioxidante, como o licopeno, pigmento natural que lle dá ao tomate a súa característica cor vermella.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g de soia texturada
- 1 dente de allo
- 10 g de fariña
- Pirixel
- 1 ovo
- 250 g de pan integral relado
- 250 g de tomate frixido
- Un chisco de sal
- Aceite de oliva para fritir
sReceta online en:
