Feixóns con tomate

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Feixóns con tomate

Descargar

kcal
284 14%
Azúcares
3,9g 4%
Grasas
6,6g 9%
Grasas saturadas
0,9g 5%
Sal
0,5g 8%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Lavamos os feixóns e poñémolos a remollo a noite anterior nunha pota ampla, cubertos por auga fría o dobre do seu volume. Ao día seguinte, na mesma pota, cocemos os feixóns cubertos coa auga do remollo e agregámoslles a cenoria pelada (pero enteira), o porro limpo e partido en dous anacos e a media cebola pelada e cortada en anacos grandes. Cando os feixóns estean cocidos, arredor de dúas horas desde que a auga empezou a ferver, separamos a cenoria, o porro e a cebola, pasámolos polo batedor e  volvémoslle engadir o pasado aos feixóns. Picamos finamente os allos e rustrímolos nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Antes de que collan cor engadimos o tomate pelado e cortado, rustrimos durante 10 minutos máis ata que o tomate perda o seu zume e quede reducido a un refrito. Pasamos esta salsa polo pasador de puré, deitámoslles o salteado de tomate aos feixóns e cocemos todo o conxunto durante uns 10 minutos a lume manso. Poñemos a punto de sal, agregamos un chorriño de aceite de oliva virxe, remexemos para que se unifique o prebe do cocido e servimos quente, unha vez que repousase durante uns 10 minutos coa tapa da pota posta para que non arrefríe.
Os feixóns brancos son un alimento cun destacado contido en fósforo e vitaminas do grupo B, sobre todo de ácido fólico (B9). Destaca a presenza de magnesio, potasio, ferro, calcio, iodo, zinc e sodio. Conteñen purinas, un dato que deben ter en conta aqueles consumidores cun nivel elevado de ácido úrico. Preparalos con estas verduras supón un aumento de vitaminas A, C e E, ademais de minerais como ferro, calcio, magnesio, zinc, potasio e sodio. É unha receita equilibrada e moi saudable, aínda que algo calórica.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de feixóns brancos
  2. 100 g de tomate maduro
  3. 50 g de cebola
  4. 30 g de cenoria
  5. 30 g de porro, a parte branca
  6. 2 dentes de allo
  7. Un chisco de sal
  8. 30 ml de aceite de oliva

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/