Bacallau encebolado e salsa de tomate
- Segundo prato
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora

- kcal
- 151 8%
- Azúcares
- 3g 3%
- Grasas
- 2,4g 3%
- Grasas saturadas
- 0,4g 2%
- Sal
- 1g 12%
Modo de preparación
Fritimos nunha tixola a lume moderado os anacos de bacallau e reservamos.
Nunha cazola con pouco aceite cociñamos a lume suave a cebola cortada en tiras finas, cun pouco de sal.
Unha vez sofrita a cebola engadímoslle unhas culleradas de salsa de tomate caseira e poñemos a punto de sal.
Sobre isto damos un quecemento aos anacos de bacallau fritos e servimos nunha fonte cunha base de cebola e tomate sobre a que colocamos os anacos de bacallau e rematamos botando un pouco de perexil picado.
O bacallau é un dos peixes brancos máis apreciados e consumidos. O seu contido graxo é moi baixo e as súas proteínas son de boa calidade. Neste caso, elixiuse como acompañamento a cebola e a salsa de tomate, polo que a cantidade de graxas do prato non vai aumentar, mentres que vai verse enriquecido en vitaminas, minerais. Polo tanto, pódese dicir que o prato estaría indicado tanto para persoas con problemas de exceso de peso, como para quen presente niveis elevados de colesterol ou triglicéridos en sangue.
Ingredientes (4 personas)
- 600 g de bacallau Skrei
- 100 g de cebola
- 40 g de tomate frito
- Perexil
- 15 ml de aceite de oliva
- Un pouco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
