Crema de fabas brancas con verduras
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora

- kcal
- 256 13%
- Azúcares
- 3,8g 4%
- Grasas
- 3,5g 5%
- Grasas saturadas
- 0,4g 2%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Nunha ola poñemos a cocer a cebola enteira, o tomate enteiro, a cabaza partida en anacos, o allo, o perexil e o pemento en po. Retiramos do lume e deixamos repousar uns dez minutos xunto ás fabas brancas cocidas. Despois pasamos co batedor engadindo o aceite de oliva e salgamos ao gusto. Sérvese o prato quente.
Os purés de legumes con verduras son un prato moi nutritivo, xa que ás excelentes propiedades dos legumes súmanse as vitaminas, minerais e fibra das verduras escollidas para a mestura. Mesmo deste xeito suavízase o prato e pode ser ben aceptado polos estómagos máis delicados. Dunha forma ou outra, para alimentarse ben recoméndase incluír legumes polo menos tres veces á semana como prato principal, e facer os purés con batedor para que non se dilapide fibra nin outros nutrientes.
Ingredientes (4 personas)
- 650 g de fabas brancas cocidas
- 150 g de cabaza
- 100 g de tomate
- 100 g de cebola
- Perexil
- 1 dente de allo
- Pemento en po doce
- 40 g de tomate ao natural enlatado
- 10 ml de aceite de oliva
- Un pouco de sal
sReceta online en:
