Cuscús con froitos secos e verduriñas

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Cuscús con froitos secos e verduriñas

Descargar

kcal
342 17%
Azúcares
1,9g 2%
Grasas
10g 15g%
Grasas saturadas
1,2g 6%
Sal
0,4g 7%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Poñemos a ferver 300 mililitros de auga cun pouco de sal e 1 cullerada de aceite.  Unha vez rompa a ferver inmediatamente cubrimos o cuscús coa auga, removemos cunha culler de pau, tapamos o cuscús cunha tapa durante cinco minutos ata absorber toda a auga, deixamos que se esponxen e reservamos. Nunha tixola cun pouco de aceite e sal sofritimos a verdura cortada en brounoisse (en cadradiños moi pequenos) e reservamos. Torramos os froitos secos e engadimos o cuscús á tixola xunto cos froitos secos e as verduras salteadas. Revolvemos cun pouco máis de aceite e coas uvas pasas durante uns minutos. Servimos quente.
Esta orixinal receita, presenta unha forma diferente de consumir froitos secos e de incorporar cuscús á nosa alimentación. O cuscús é unha boa fonte de hidratos de carbono complexos, de absorción lenta, mentres que os froitos secos achegan gran cantidade de proteínas vexetais e graxas cardiosaudables. Por outra parte, os froitos secos son fonte de diversas vitaminas e minerais moi beneficiosas para a saúde, ademais de cantidades importantes de fibra. En definitiva, o contraste de texturas e sabores dos ingredientes que o compoñen danlle a este prato un toque moi especial, ademais de moi saudable. Para completar o menú, unha ensalada de acompañamento e un lácteo sinxelo (iogur natural, callada, queixo fresco...) ou froita fresca de tempada é a mellor opción.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de cuscús
  2. 20 g de améndoas
  3. 20 g de abelás
  4. 20 g de cacahuetes
  5. 20 g de pistachos pelados
  6. 40 g de cabaciña
  7. 45 g de pemento vermello
  8. 25 g de pemento verde
  9. 25 ml de aceite de oliva
  10. Un pouco de sal

sReceta online en: