Ensalada de kiwi, soia, lagostinos e queixo de cabra
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 377 19%
- Azúcares
- 9g 10%
- Grasas
- 30g 43%
- Grasas saturadas
- 5g 24%
- Sal
- 0,4g 7%
Modo de preparación
Cortamos a leituga en xuliana, os tomates pola metade, o kiwi en finas rodas e o queixo en pequenos tacos. Colocamos todos ingredientes nunha ensaladeira xunto cos brotes de soia. Rematamos a ensalada acompañándoa dunhas colas de lagostinos cocidos e pelados. Aliñamos o conxunto cunha vinagreta elaborada con aceite de oliva virxe extra, zume de limón, un pouco de zume de laranxa, sal, e unhas ramiñas de ceboliño cortadas. Aliñamos xusto antes de consumir.
Ensalada que sorprende pola orixinalidade dos seus ingredientes. Neste caso o contraste de sabores do kiwi cos lagostinos e o queixo fai desta ensalada un prato delicioso. Nutricionalmente, comparte co resto de ensaladas vexetais a súa riqueza en fibra, vitaminas e minerais, complementada coas proteínas dos lagostinos e o queixo, e as graxas cardiosaudables do aceite de oliva virxe. Aínda que poida parecer unha receita elevada en graxas, hai que ter en conta que a maioría destas proveñen do aceite de oliva virxe extra, polo que non resulta un problema, se non ao contrario. En canto ás calorías, acontece como coa graxa, a súa procedencia é saudable, e ademais, ao resultar un prato bastante completo, con tan só engadir unha parte de cereal integral (pasta, arroz, cuscús, quinoa...) ou pataca, por exemplo, xa temos un menú completo a falta de engadir a sobremesa.
Ingredientes (4 personas)
- 200 g de leituga
- 100 g de brotes de soia
- 100 g de tomate cherry (7-10 tomates)
- 2 kiwis
- 100 g de lagostinos
- 80 g de queixo de cabra
- 100 ml de aceite de oliva virxe extra
- 40 ml de zume de laranxa
- 30 ml de zume de limón
- Ceboliño
- Un pouco de sal
sReceta online en:
