Ensalada de garavanzos e aguacate
- 3197 visitas
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 545 27%
- Azúcares
- 8,5g 9%
- Grasas
- 28g 40%
- Grasas saturadas
- 3g 16%
- Sal
- 0,5g 9%
Modo de preparación
Lavamos e cortamos os tomates en cadradiños regulares, xunto coa ceboliña fresca, engadimos a metade do aceite de oliva e o vinagre balsámico, un chisco de sal e deixamos macerar esta base da ensalada durante uns 30 minutos.
Cocemos o ovo en auga fervendo cun pouco de sal durante 10 minutos, arrefriamos, estonamos e relamos.
Pelamos e picamos o dente de allo e mesturámolo con anaquiños do aguacate e cunha cullerada de aceite de oliva.
Mesturamos nun bol a base de tomate macerado cos garavanzos cocidos e escorridos, aliñamos con aceite de oliva e un chisco de sal e rematamos a ensalada cos anaquiños de aguacate, un pouco de maionesa lixeira e o ovo relado.
Ensalada fresca e saudable. Como base, os garavanzos, un grande alimento con innumerables beneficios para o organismo. É fonte de hidratos de carbono, fibra dietética, proteínas e graxas. É un alimento moi equilibrado e cun destacado contido en vitaminas (B6, C, E e K), calcio, fósforo, potasio, cinc, magnesio, ferro e sodio. A respecto dos beneficios para o organismo, os garavanzos axudan a reducir os niveis de colesterol e a diminuír a presión arterial e os triglicéridos. Polo tanto é un alimento cardioprotector. Prepáranse con aguacate, un alimento que ten unha composición nutricional case perfecta. É cardiosaudable, grazas á achega de ácidos graxos omega 3. É fonte de fibra e de grandes cantidades de vitaminas E, C e A, o que lle concede o seu gran poder antioxidante. Contén cinc, ferro, selenio, sodio e fósforo. Unha gran receita, moi beneficiosa para o organismo.
Ingredientes (4 personas)
- 300 g de garavanzos cocidos
- 2 tomates maduros de ensalada medianos
- 200 g de aguacate
- 50 g de ceboliña fresca
- 1 dente de allo
- 1 ovo
- 60 ml de aceite de oliva virxe extra
- 20 ml de vinagre balsámico
- 40 g de maionesa lixeira
- Un chisco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
