Ensalada de peituga de pavo e manga

  • Primeiro prato
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad para principiantes
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada de peituga de pavo e manga

Descargar

kcal
223 11%
Azúcares
10g 11%
Grasas
9g 13%
Grasas saturadas
1,8g 9%
Sal
0,5g 8%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos a peituga de pavo cocida, a manga pelada e as leitugas variadas todo en cadradiños regulares. Partimos os tomatiños pola metade. Aliñamos as leitugas variadas e os tomatiños co aceite, o vinagre e o sal. Por riba da leituga colocamos decorando a peituga de pavo e a piña e finalmente decoramos cos tomatiños. Serviremos acabado de aliñar para que as leitugas manteñan o seu frescor.
As ensaladas son pratos con grande aceptación, pódese incluír una gran variedade de alimentos e hortalizas en cru, polo que de forma sinxela o organismo pode obter beneficiosos nutrientes, e pódense tomar en calquera época do ano con alimentos de tempada. Neste caso ademais da tradicional leituga e os tomates, ambos os dous ricos en vitaminas, minerais e substancias antioxidantes, a ensalada inclúe tamén unha froita tropical coma é a manga. A manga ademais de darlle un toque de cor e sabor á ensalada, vai facer que a presenza de vitaminas e minerais sexa aínda maior. Un prato nutritivo, saboroso e lixeiro.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de leitugas variadas
  2. 175 g de tomate cherry
  3. 350 g de peituga de pavo
  4. 400 g de manga
  5. 30 ml de aceite de oliva
  6. 20 ml de vinagre
  7. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/