Ensalada sinxela con carochos torrados

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad para principiantes
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada sinxela con carochos torrados

Descargar

kcal
252 13%
Azúcares
3,2g 4%
Grasas
17g 24%
Grasas saturadas
3g 14%
Sal
0,2g 3%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Lavamos a leituga e o tomate e cortamos todos os ingredientes (leituga, tomate, ceboliña e paus de surimi) en cadriños pequenos. Torramos as rebandas de pan de molde no torrador e cortámolas en cadriños. Montamos na ensalada de forma alterna os diversos ingredientes e aliñámola con aceite de oliva, vinagre e sal. Servímola no momento, unha vez aliñada.
Esta deliciosa ensalada, sinxela e rápida de preparar, resulta un prato lixeiro e nutritivo por mor dos seus ingredientes principais:  leituga, tomate e cebola. Todos estes alimentos teñen un baixo valor calórico e asemade son ricos en vitaminas, minerais, fibra e substancias con acción antioxidante, moi beneficiosas para a saúde. O prato conserva ademais todos os nutrientes ao non seren sometidas a cocción as hortalizas. Os paus de surimi fanlle unha pequena achega de proteínas; o pan molde arrequece o prato con hidratos de carbono complexos e aliñar a ensalada con aceite de oliva proporciónalle vitamina E -acción antioxidante-, graxas saudables e tamén calorías, polo que convén non esaxerar co aliño. É un prato acaído para todas as idades e incluso para quen levan a cabo dietas de adelgazamento, se modera a cantidade de aceite.

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de leituga
  2. 1 tomate
  3. 1 ceboliña
  4. 125 g de pan de molde (catro rebandas)
  5. 50 g de paus de surimi
  6. 60 ml de aceite de oliva
  7. 20 ml de vinagre

sReceta online en: