Ensalada de soia, albaricoques, uvas e millo sobre follas de eiruga

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Ensalada de soia, albaricoques, uvas e millo sobre follas de eiruga

Descargar

kcal
394 20%
Azúcares
16g 18%
Grasas
24g 35%
Grasas saturadas
4g 18%
Sal
0,4g 7%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cocemos a soia en auga fervendo, durante 40 minutos a lume suave ou ata que estea tenra, cunha cebola enteira partida pola metade. Refrescamos e escorremos a soia baixo o chorro de auga fría coa axuda dun coador. Pelamos os albaricoques e as uvas e quitamos o óso dos primeiros. Despois cortámolos e, xunto co millo doce, mesturámolo todo con coidado e engadimos a soia cocida. Aliñamos a ensalada cunha vinagreta elaborada co aceite de oliva, o vinagre e o sal. Servimos, acompañando o preparado cunhas follas de eiruga.
Este tipo de ensaladas son unha opción excelente para consumir legumes no verán, e ademais podemos tomala como prato único ao incorporar froitas (coma neste caso) e/ou verduras ao mesmo tempo, sen necesidade de incluír un segundo prato de carne ou peixe. A soia, como legume que é, é un alimento moi completo e nutritivo, contén unha boa cantidade de proteínas e hidratos de carbono, ademais de fibra, vitaminas e minerais. O seu elevado contido en proteínas, superior ao da carne, fai da soia unha fonte proteica vexetal de grande interese nutricional. As froitas que se engaden van achegar máis fibra, vitaminas e minerais, e aínda que acheguen azucre, hai que lembrar que o azucre (frutosa) contido de forma natural na froita non ten os prexuízos do azucre engadido nos alimentos procesados, debido ao resto de nutrientes (fibra, fitoquímicos...) que acompaña á frutosa nas froitas. Unha boa receita que ademais aproveita de forma orixinal a froita fresca de tempada de verán.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 240 g de soia seca (legume)
  2. 50 g de eiruga
  3. 200 g de albaricoques
  4. 200 g de uvas brancas
  5. 10 g de millo en conserva
  6. 60 ml de aceite de oliva
  7. 20 ml de vinagre de sidra
  8. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/