Ensalada morna de lentellas

  • 2925 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Ensalada morna de lentellas

Descargar

kcal
370 19%
Azúcares
4,3g 5%
Grasas
17g 25%
Grasas saturadas
2g 12%
Sal
0,4g 7%
2 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Poñemos as lentellas nunha cazola e cubrimos con auga. Engadimos a parte máis verde da ceboliña (reservando o resto), un par de dentes de allo, un chorriño de aceite de oliva e o sal. Poñemos a lume medio para que se cociñe cun fervor suave durante unhas dúas horas. Unha vez cocidas as lentellas, deixámolas arrefriar e escorrémolas cun coador (o caldo das lentellas podemos tomalo tal cal, como aperitivo). Se non temos moito tempo tamén podemos utilizar para a ensalada morna unhas lentellas cocidas en conserva, lavadas lixeiramente e escorridas. Nunha tixola cunhas culleradas de aceite de oliva salteamos unha ceboliña vermella cortada en finas láminas, os pementos verdes, tamén cortados en tiras, os pementos vermellos asados en tiras e uns anaquiños de cabaciña cortados en cadrados pequenos. Unha vez salteada a verdura, apartámola do lume e aliñámola cun par de culleradas de vinagre balsámico. Preparamos unha base de leitugas variadas e sobre elas colocamos as lentellas mesturadas coas verduras salteadas e aliñadas. Por encima agregamos uns anaquiños de noces, esparexemos con ceboliño cortado e un pouco de queixo cremoso. Lista a ensalada morna!
As lentellas presentan unha elevada concentración de nutrientes: son unha gran fonte de proteínas e hidratos de carbono, o que nos proporciona moita enerxía; son ricas en fibra e baixas en graxa; destacan pola presenza de vitaminas A, B1, B2, B3, B6, C e E, ademais de potasio, fósforo, calcio, ferro, magnesio e sodio. O uso de vexetais como o pemento, a cebola, o allo, a cabaciña e a leituga suman importantes cantidades de fibra, ferro, calcio, magnesio, potasio e fósforo. Pola súa banda, o queixo cremoso achega grandes cantidades de fósforo e vitaminas A, E e D. En resumo, unha receita moi completa e cargada de nutrientes.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de lentellas
  2. 50 g de ceboliña vermella con talos verdes
  3. 50 g de pemento verde
  4. 50 g de pemento vermello asado
  5. 50 g de cabaciña
  6. 2 dentes de allo
  7. 100 g de brotes de leitugas variadas
  8. 60 g de noces peladas
  9. 100 g de queixo cremoso
  10. 30 ml de aceite de oliva
  11. 10 ml de vinagre balsámico
  12. Un chisco de sal
  13. Uns talos de ceboliño fresco

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/