Entrante de melón con xamón ibérico
- EntranteGA
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 162 8%
- Azúcares
- 8,2g 9%
- Grasas
- 12g 17%
- Grasas saturadas
- 2g 11%
- Sal
- 1g 16%
Modo de preparación
Cortamos o melón en bastóns regulares ou co tubiño para sacar os corazóns das mazás.
Envolvemos cada anaco de melón cun lisco de xamón e inserimos os dous ingredientes nun espeto con medio tomatiño cherry. Introducímolos, tapados, na neveira. Servirase como mínimo despois de 30 minutos, xa que é un prato para consumir frío.
Podemos acompañar os espetos cunha ensalada de follas de leitugas variadas.
Este entrante ou primeiro, resulta refrescante e saboroso pola acertada mestura dos seus ingredientes. Trátase dunha deliciosa receita, sinxela e rápida de preparar, un prato moi nutritivo e rico en vitaminas e minerais. O melón contén gran cantidade de auga polo que o seu valor calórico é baixo. É unha fonte de ácido fólico, vitamina C, potasio e hidratos de carbono. O melón xunto co xamón ibérico crean unha combinación perfecta de sabor doce e salgado. O xamón ibérico é un produto rico en proteínas de alto valor biolóxico e en graxas de boa calidade, xa que maioritariamente contén graxas monoinsaturadas, aínda que tamén é rico en sal e debe ser consumido con certa moderación. Este delicioso prato é axeitado para todas as idades polo seu valor nutritivo e é unha forma alternativa de fomentar o consumo de froita para as persoas que no a acostuman tomar.
Ingredientes (4 personas)
- 800 g de melónn
- 200 g de xamón ibéricon
- 80 g de tomate cherry (8 tomates)
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
